Skip to Content

Histórico de actividades

O pasado 15 de maio, os alumnos de primeiro da ESO complementaron os seus estudos de Prehistoria coa visita ao Complexo de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Recorreron o Centro de interpretación. Puideron realizar diversas actividades, todas moi interesantes: prácticas de caza, tentar facer lume e  unha visita guiada aos petróglifos da zona.

Aquí tes as fotos e videos da visita:

 

 

O pasado 27 de abril, no IES A Xunqueira I de Pontevedra, celebrouse a primeira proba da Olimpíada Matemática 2017. A devandita proba, estaba orientada aos alumnos de 2º de ESO que dispoñían de 2 horas para facela. Os alumnos tiveron que resolver 5 problemas de lóxica matemática.

O noso centro, estivo representado polos alumnos Miguel Fernando Rocha Silva, Carla Fernández Bóveda, Luís Igrexas Fandiño e Adrián Martínez Romeu.

A organización foi moi boa e os nosos alumnos puideron vivir a experiencia de realizar unha proba externa ao centro. Os primeiros participantes do IES A BASELLA saíron do exame despois dunha hora e media de comenzala (Carla e Miguel) e 15 minutos máis tarde remataron Luís e Adrian. Saíron contentos porque puideron desenvolver os 5 problemas expostos

Os nosos alumnos foron preparados durante o curso, en horario extraescolar, polo profesor de Matemáticas Fernando Cáceres Gil. Desexamos moita sorte aos nosos alumnos.

Premede na seguinte imaxe para ver as fotos do evento:

O pasado luns 20 de marzo o alumnado de 1º de ESO do IES A BASELLA colleu as luvas e as bolsas disposto a limpar a praia do BAO de A ILLA DE AROUSA. Despois dunhas horas regresamos coa satisfacción de ter enchido case por completo 20 bolsas de 100 litros. Aprendimos a necesidade de coidar o mar e de cambiar a nosa actitude ante a produción de lixo. Se queredes ver as fotos do día, velaí o enlace na seguinte imaxe


       


 

 I CERTAME LITERARIO

“LETRAS GALEGAS NO IES A  BASELLA”

Concurso literario que patrocina a AMPA do IES A Basella para celebrar o día das Letras Galegas 2017. Poderá participarse na modalidade de narrativa e/ou poesía, con traballos individuais.

BASES

  1. Pode presentarse todo o alumnado do IES A Basella.
  2. A lingua usada será o galego.
  3. Modalidade:
    1. Narrativa: relato curto (mínimo 1 folio) e/ou microrrelato.
    2. Poesía: extensión libre.
  4. Temática libre.
  5. Establécense 3 categorías:
    1. 1º ciclo da ESO
    2. 2º ciclo da ESO
    3. Bacharelato e Ciclo Formativo
  6. Presentación: os textos presentaranse nun sobre cerrado no que figurará o nome do concurso así como o seudónimo do autor. Dentro deste mesmo sobre figurá outro no que, ademais do seudónimo, debe aparecer o nome e o curso do autor do texto.
  7. A data límite para a presentación dos traballos será o 5 de maio (inclusive) na conserxería do IES A Basella.
  8. Premios, para todas e cada unha das categorías e modalidades, ata total 6 premios de 75 €, en material deportivo, escolar ou electrónico, salvo móviles (previa factura de compra).

Podería  quedar deserto algún dos premios en base ao criterio do xurado.

Un ano máis, os alumnos de francés do IES A Basella, confraternizaron con Francia para celebrar o día de La Chandeleur. Nesta data, en todos os fogares franceses hai o costume de degustar as deliciosas crêpes, e é por este motivo que os alumnos quixeron invitar ós seus compañeiros, así como ó resto de persoal do centro, a participar da devandita xornada, facendo as crêpes segundo os gustos, pois podían ser salgadas ou doces.

Onte, 18 de xaneiro, estivemos na Coruña todo o día e pasámolo xenial. Os alumnos de 4º de ESO foron ao teatro, a ver "Historia de una Escalera", de Antonio Buero Vallejo, como actividade complementaria do departamento de Lingua Castelá e Literatura, namentras, un grupo de 1º de Bacharelato visitou o Muncyt, onde puideron ver diferentes aparellos destacados na historia da tecnoloxía. Tras unha pausa para a comida, xa pola tarde, todos xuntos fomos ao Aquarium Finisterrae

Se queres ver a galería de fotos, pulsa na seguinte imaxe

Co gallo da celebración das xornadas polos dereitos humanos do presente curso no IES A Basella, a comunidade educativa ten á súa disposición unha exposición de cartaces sobre a Declaración Universal sobre os Dereitos Humanos ata o día 17 deste mes. Así mesmo o venres 18 de novembro terá lugar o acto indicado no cartaz.

 

Memoria de Actividades Complementarias e Extraescolares 15/16

No seguinte enlace accederás a unha relación das Actividades Complementarias e Extraescolares que se realizaron no nosos Centro durante o curso 2015/2016.

Un ano máis participamos co IES Faro das Lúas nunha actividade polas Letras Galegas. O luns 16 de maio corremos pola lingua, no entorno da praia do Terrrón. Houbo premios para os máis rápidos na carreira e para os máis orixinais no lema do seu dorsal.

 

 

Con motivo da VIII edición do festival da francophonie, o alumnado de toda Galicia reúnese nun marco de intercambio e irmandade entorno á cultura, a língua e a música francófonas. Ademais das representacións musicais do alumnado, actuará un coro francés grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Embaixada Francesa. Apadrinará o evento José el francés

Distribuir contido


by Dr. Radut