Skip to Content

Histórico de actividades

parabéns

 

Queremos felicitar aos alumnos e alumnas de 4º ESO A polo seu traballo que gañou o Primeiro Premio do I Certame de Audiovisuais de Amnistía Internacional: "Nenos e Nenas Soldados"
Dous días de preparación do guión, outros dous de gravación no instituto e algún máis de montaxe deron lugar a unha peza inspiradora, emotiva e impactante na súa sinxeleza. Como curiosidade diremos que as testemuñas que se escoitan no vídeo son rigorosamente certas, o que incrementa a súa crueza en contraste coa inxenuidade dos xoguetes infantís que se mostran. Felicitamos ós alumnos que realizaron o audiovisual por un traballo profundo e sentido.

O 3 de maio o alumnado da ESO do I.E.S. A Basella e outros membros da comunidade educativa participaron na Carreira Solidaria convocada pola O.N.G. Save the Children coa finalidade de recadar fondos para axudar aos nenos e nenas da rexión do Sahel, que son vítimas dunha seca que ameaza a uns 18 millóns de persoas.  Obtivemos 330, 60 € e unha enorme satisfacción por poder contribuír un pouquiño a paliar as súas necesidades.

Pulsade na seguinte imaxe para ver a galería

save the children

Presentamos a colección de fotos do festival do "Entroido A Basella 2013". 

 

entroido

 

e se quere ver, tamén temos un vídeo....

 

Os alumnos de 4º de ESO do IES visitaron, hoxe 29 de xaneiro, o refuxio de animais de Corvillón (Cambados) e as adegas de Martín Codax nunha visita didáctica programada para a materias de Educación Ético-Cívica e Obradoiro de Iniciativas Emprenddoiras.

 

protectora

Este ano, no día da Paz os nosos alumnos, en colaboración co departamento de Plástica, construiron duas árbores. Un co mesaxes de Paz e outro co mesaxes de Guerra. Picade na seguinte imaxe para ver a galería.

 

A comunidade educativa do IES A Basella deséxavos unhas boas festas e un moi feliz aninovo.

 

Navidad

Este curso, dentro do Programa de Actividades Solidarias que solemos facer tódolos anos, organizamos un mercadillo de obxetos usados que tuvo moito éxito e a tradicional Carreira Solidaria. Si queredes ve-la galería de fotos picade na cámara.

mercadillo

arbol

 

Por razóns metereolóxicas a carreira solidaria adíase ao proximo trimestre.

Dentro do noso programa de charlas científico-literarias, este curso temos como convidados a Jorge Mira e a Marilar Aleixandre.

O vindeiro 20 de Marzo teremos a oportunidade de conversar co catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago o físico Jorge Mira na charla "Un paseo polos bordes da ciencia cercana" e o 12 de Abril contaremos coa presenza da escritora e bióloga Marilar Aleixandre.

 

Jorge Mira      

Se queredes coñecer máis do seu traballo preme na seguinte ligazón a

.


Presentamos a colección de fotos do festival do "Entroido A Basella 2012". Este ano, cada grupo da ESO deseñou un Momo.
Os traballos foron realmente fabulosos, os gañadores, 3ºESO A con City Forty e 4ºESO A con Costa Concordia iranse de excursión como premio (cedido pola ANPA). Ademáis, houbo moitos disfraces, mira qué pintiñas...

Distribuir contido


by Dr. Radut