Skip to Content

Histórico de actividades

Por fin temos as fotos! O venres 13 celebramos O Entroido un ano máis no IES A Basella. Como os anos anteriores o día comenzou co unha batucada cos alumnos de 2º ESO, e posteriormente, celebramos un concurso de disfraces, tanto indivuais como de grupo.

Os gañadores foron, No concurso de disfraces:

  •   Individual: Jonathan Steven Castaño de 1º Ciclo Superior co disfraz "Daddy 80" 
  •   Parella: Deserto
  •   Grupos: 2º ESO B co disfraz "Grease" e unha mención especial para 2º ESO A co disfraz "Party Rock"
  •   Aulas: 1º ESO A co disfraz "Charly e a fábrica de chocolate"

No concurso de Caroutas:

  •   Carla Dono 1º Premio

 rosa

blanco

 Ademáis, este ano, os profes disfrazáronse de futbolín, e xogaron Ciencias contra Humanidades, gañando as Humanidades por un axustado 2-1, nun partido caracterizado polo xogo limpo

 

Está a vosa disposición no seguinte enlace a Memoria de Actividades Complementarias e Extraescolares do curso 2013-14

 

Outro ano máis chegamos a fin de curso e o alumnado de 1º ciclo goza dun día de barco, paseo e praia en Ons. O seu bo comportamento durante todo o curso veuse tamén neste día de pracer. Deixámosvos unhas fotos e un par de vídeos para que vexades o ben que o pasaron.

 

    O martes 29 de abril, o alumnado de 1º ESO fomos a Campolameiro, coñecer os petroglifos e o modo de vida dos homes e mulleres da Idade de Bronce. A viaxe foi un premio por comportarnos ben durante todo o curso, pero “invitamos” a acompañarnos a un grupo de mozos e mozas de 1º de Bacharelato que están estudando Antropoloxía.
     Unha vez alí repartímonos en 2 grupos e acompañados dunha monitora fixemos un percorrido polo museo (había un esqueleto dun home daquela época!), un paseo polo monte observando os petroglifos (vimos moitos cervos e algún cabalo) e tamén participamos nun obradoiro de barro. 
    O peor foi que o camiño tiña moitas curvas e os nosos vasos de arxila chegaron un pouco rotos. Iso si, como puidemos, refixémolos e algún ata aproveitou para decoralo e facerlle un agasallo orixinal a súa nai.
Prometemos volver portarnos ben o curso que vén.

Preme na seguinte imaxe para ver as fotos

Campo Lameiro

 

A NASA convocou á xente de todo o mundo a se facer unha autofoto (selfie) e compartila nas redes sociais coa etiqueta #GlobalSelfie para crear un mosaico mundial con motivo da celebración do Día da Terra.


Dende o IES A Basella quixémonos sumar a esta iniciativa cunha actividade puntual en 2º de ESO, así que, a primeira hora da mañá saímos rumbo á praia do Terrón e nos fixemos un selfie de grupo. Esta actividade pretende, tal e como ven sucedendo dende que se instaurou o día da Terra en 1970, que tomemos conciencia dos problemas de superpoboación, contaminación e conservación da biodiversidade que temos na actualidade.

A NASA sinala que os datos dos seus satélites, que captan novas imaxes da Terra cada segundo, axudan aos seus científicos a xerar unha imaxe clara do noso planeta dende o punto de vista científico e a comprender mellor os problemas que ten o noso planeta para buscar solucións. Pero no Día da Terra a axencia quería xerar unha imaxe distinta, unha colección de autorretratos, coñecidos en inglés como "selfies" , para crear un mosaico único da xente que habita o noso planeta.

Se queres ver os nosos "selfies" pulsa na imaxe

selfie

 

Se queres ver a páxina da NASA pulsa aquí
 
Se queres ver todos os "selfies" de Google Plus feitos no mundo seguindo esta iniciativa pulsa aquí

Presentamos a colección de fotos do festival do "Entroido A Basella 2014".

 


amnnistia

Fai "click" na imaxe para ver a galeria

Aquí está a reportaxe gráfica do acto a favor dos DEREITOS HUMANOS celebrado con motivo da entrega do 1º premio do Certame de audivisuais da Rede de escolas de Amnistía Internacional de España. Os nosos compañeiros e compañeiras ( Laura Piñeiro, Laura Chazo, José Antonio Váquez, Pedro Pavía, Fran Vázquez, Nerea Cuesta, José Luís Pérez Charlín, David Padín, José Antonio Nine, Tamara Dopico, Antía Otero, Alexia Caterina Piñeiro, Raquel Fernández dos Reis, Sara Piñeiro, Adrián Paz, e Javier Martínez Rey) fixeron un traballo magnífico sobre unha das maiores manifestacións de inhumanidade no mundo: a explotación da infancia como nenos e nenas soldado.

Tamén coñecemos, grazas a Carlos Sanguino e Toñi (responsables da rede de escolas de A.I en Madrid) e Toni ( de Vigo) os obxectivos e métodos de traballo de Amnisitía Internacional.

Finalmente falou para nós Rosaliano Riascos, líder afrodescendente de poboación desprazada desde o ano 1998, Vicepresidente da Asociación Nacional de Afrocolombianas Desprazados, “AFRODES”, no departamento de Cundinamarca e delegado no Comité de Regulamentación e Avaliación do Risco –CRER- do Ministerio de Interior e de Xustiza. Rosaliano está en España grazas á protección de Amnistía Internacional, que o sacou de Colombia hai dous anos. Os seus padecementos empezaron ao ser fusilado xunto con varios veciños do seu pobo por non querer abandoar súas terras. Unhas terras no punto de mira do narcotráfico para a ampliación dos cultivos de coca. Por sorte salvou a vida e comezou unha actividade de denuncia que o levou a estar en perigo e ter que saír de Colombia. O seu relato serviu para que o alumnado de primeiro de bacharelato fixese unha serie de preguntas sobre a temática e amosase unha sensibilidade ante o tema realmente madura: Parabéns a todos e todas!

 Acto de Entrega do Primeiro Premio do Concurso de audiovisuais da rede de escolas da sección española de Amnistía Internacional

amnistia

Pulsade na seguinte imaxe e veredes as actividades extraescolares que fixemos no presente curso escolar.

Document

Distribuir contido


by Dr. Radut