Skip to Content

Abre a porta ao Nadal

Este ano no  insti tivemos a sorte de que nos viñese visitar o Apalpador. Conta a lenda que este mítico xigante, de profesión carboeiro, baixaba todos os nadais das montañas de Lugo para comprobar se os nenos estaban ben alimentados. Palpáballes a barriga e deixaba castañas quentes. O noso apalpador (grazas, Agustín) deixou na Basella moitos doces e larpeiradas, para ledicia dos nosos nenos e nenas. Velaiquí ao Apalpador e á súa irmá Maruxa, que veu a botarlle unha man.

 

Despois da visita do apalpador, os grupos da ESO participaron no concurso de decoración de portas das aulas: "Abre a porta ao Nadal", facendo deseños tan bonitos como estes. 

 

Se queres velas todas preme aquí

Ademais, como cada ano, o comité de solidariedade terminou a recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas que realiza por estas datas.
 



page | by Dr. Radut