Skip to Content

Tecnoloxía

Este foi un curso intenso en competicións de Tecnoloxía. Este ano, dos dous equipos que presentamos a Desafío STEM, o equipo "Breaking Projects", quedou finalista dentro da categoría "Industria Local" co seu proxecto NEMO I. Un ROV que pode medir temperatura, luminosidade e gravar imaxes debaixo da auga do mar con aplicacións na industria bateeira e na reparacións de cascos dos barcos.

O equipo estivo formado polos alumnos de primeiro de bacharelato: Javier Mariño, Álex Rey, Mario Esperón, Pablo López, Adrián Rial e Yeray García. Aqui tedes o video que presentaron á fase final da competición:

 

"Desafío STEM" é un concurso interescolar nacional que pretende fomentar o aumento de vocacións en competencias STEM, siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas. Este proxecto foi completado cun estudo de mercado feito polos alumnos de 4º de ESO na materia de "Obradoiro de iniciativas emprendedoiras"

Aqui tedes unha foto dos dous grupos co ROV:

 

 

 Pola nosa clasificación, entrevistáronnos na Voz de Galicia: neste artigo

Se queredes ver a historia deste equipo e o que tiveron que facer neste concurso consultade o seguinte blog:

Tecnoabasella EduROVs

 

O pasado xoves 24 recibimos a visita de dous mentores de desafío STEM, Diego Lale e Xoan Sampaiño, que nos acampañaron durante toda a xornada. Desde primeira hora estiveron a introducir aos alumnos de 2º de ESO no mundo da programación coa realización de talleres onde foron capaces de facer circuitos con leds e facelos parpadear desde o computador. Toda unha experiencia!

Preme na seguinte imaxe para ver as fotos

desafio

 
Posteriormente, supervisaron os proxectos de 1º de Bacharelato que presentamos ao I Concurso Interescolar Nacional de Programación e Robótica: desafío STEM. Este ano presentamos ao devandito concurso, na súa primeira edición, dous proxectos que están a realizar os alumnos: “Nemo I”, un ROV submarino desenvolvido dentro do programa EDUROVs  que será capaz de medir diversas propiedades físicas da auga: temperatura, presión… e “Lareira App”, un dispositivo que permitirá monitorizar desde un móbil distintos electrodomésticos nunha cociña.

Se queres saber como van os avances dos proxectos só tes que pulsar no seu logo:

             

A metodoloxía STEM (acrónimo de Sciencie Technology Engineering and Mathematics), é amplamente utilizada noutros países, baséase na aprendizaxe integrada de todas as disciplinas científicas, principalmente mediante a resolución de problemas e situacións abertas, usando os contidos e procedementos destas disciplinas. Esta metodoloxía é moi motivadora xa que os alumnos buscan solucións a problemas da súa contorna máis inmediata cun compoñente tecnolóxico elevado, desenvolvendo proxectos que teñen aplicación directa na realidade.

 


 

Detalles do evento: Hoxe ensinan eles

As fotos e o xogo en....

                                  

Este foi un curso produtivo, estamos a piques de rematar todos os nosos proxectos de tecnoloxía e queremos compartilos con todos vós. Esperamos que vos gusten. Premede na seguinte imaxe se queredes velos

Imaxe adaptada co permiso do seu autor: O profesor José Pujol

O pasado 24 de abril fomos á Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo a competir con dous printbots “renacuajo”. A competición consistía en dúas probas, unha de rastrexo (seguir unha liña branca sen saírse) e outra de persecución (alcanzar a outros robots nunha circunferencia).

Gustounos tanto a experiencia que xa estamos a idear algunhas variacións nos nosos robots para a participar na próxima edición.

No seguinte vídeo contámosvos todo o proceso de construción e programación dos nosos robots

 

Os alumnos de 2º de ESO remataron o seu proxecto final de curso: "Coche eléctrico controlado por mando." Os vehículos participaron nunha carreira en diferentes tandas eliminatorias co obxectivo de ver cál foi o vehículo máis rápido nun circuito co varias curvas e algúns obstáculos.

Parabéns aos equipos gañadores das tandas:

Alba Gómez e Irene Siñeiro de 2º ESO B

Augusto Moraes, Sara Baúlo e Brian Piñeiro  de 2º ESO A

Preme na seguinte imaxe se queres ver as imaxes da carreira

  Saída Carreira

 

Durante este curso, os nosos alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO, construíron e configuraron unha impresora 3D. Durante o proceso escribiron un blog sinxelo, pero moi fiel a parte do que facemos na clase. Aquí está a súa historia...

 

Preme na seguinte imaxe se queres coñecela

foto de familia antes de empezar

Se queredes ver a impresora a pleno rendemento estades invitados a pasar pola aula-taller de tecnoloxía nos recreos da próxima semana.

Isto parece ser o final de unha aventura, pero igual é o principio doutra... Imaxinádesvos construíndo e deseñando o primeiro robot impreso en 3D do IES A Basella?

 

Onte, día 15 de maio, os alumnos de 3º da ESO e os profesores do Departamento de Tecnoloxía visitaron a empresa OCV no polígono industrial "Sete Pías" de Cambados

A visita foi moi interesante, nela puidemos ver o proceso de construción de paneis solares térmicos e fotovoltáicos, e aprender un pouco máis sobre a enerxía solar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut