Skip to Content

Desafío STEM

O pasado xoves 24 recibimos a visita de dous mentores de desafío STEM, Diego Lale e Xoan Sampaiño, que nos acampañaron durante toda a xornada. Desde primeira hora estiveron a introducir aos alumnos de 2º de ESO no mundo da programación coa realización de talleres onde foron capaces de facer circuitos con leds e facelos parpadear desde o computador. Toda unha experiencia!

Preme na seguinte imaxe para ver as fotos

desafio

 
Posteriormente, supervisaron os proxectos de 1º de Bacharelato que presentamos ao I Concurso Interescolar Nacional de Programación e Robótica: desafío STEM. Este ano presentamos ao devandito concurso, na súa primeira edición, dous proxectos que están a realizar os alumnos: “Nemo I”, un ROV submarino desenvolvido dentro do programa EDUROVs  que será capaz de medir diversas propiedades físicas da auga: temperatura, presión… e “Lareira App”, un dispositivo que permitirá monitorizar desde un móbil distintos electrodomésticos nunha cociña.

Se queres saber como van os avances dos proxectos só tes que pulsar no seu logo:

             

A metodoloxía STEM (acrónimo de Sciencie Technology Engineering and Mathematics), é amplamente utilizada noutros países, baséase na aprendizaxe integrada de todas as disciplinas científicas, principalmente mediante a resolución de problemas e situacións abertas, usando os contidos e procedementos destas disciplinas. Esta metodoloxía é moi motivadora xa que os alumnos buscan solucións a problemas da súa contorna máis inmediata cun compoñente tecnolóxico elevado, desenvolvendo proxectos que teñen aplicación directa na realidade.



page | by Dr. Radut