Skip to Content

Francés

A francofonía é un festival que se celebra todos os anos, co motivo de practicar francés, no que moitos centros de Galicia (polo momento) reúnense para cantar cancións en francés, bailalas, probar comidas francesas, debuxos e escritos en francés (acórdome de cando intercambiábamos as cartas…) e durmir cos outros institutos.

Este ano comezamos o luns cunha acampada no Pavillón de Vilanova de Arousa, onde se reuniron todos os cursos e institutos de moitos centros. Nesa acampada houbo discoteca con moita música (había moito ritmo na pista, incluso algúns institutos tiñan coreografías preparadas) e un cine antes de irse a durmir.

O martes, no Pavillón de Baión, comezou o gran espectáculo. Cancións, bailes, teatro... E todo en francés! Ademais de que contamos con dous presentadores excelentes (aínda que un deles rouboume o banco, pero que se lle vai facer...). As cancións eran do máis variadas, había un pouco de todo: cancións tristes, como Si de Zaz, alegres como Oh, ça ira e outras acompañadas de instrumentos, como a guitarra eléctrica e a acústica.

A partir do mércores, deixáronse uns periódicos nunha mesa do IES A Basella, todos eles en francés. Ata había algúns do tan famoso Charlie Hebdo!

E o venres, para culminar con esta Semana Cultural francesa, fíxose unha degustación de pratos típicos franceses. Que rico estaba o queixo de cabra con marmelada de tomate! Aínda que o que máis destacou foron as famosas crêpes, as galletas e a quiche.

 

Pois isto é todo, se viñestes este ano espero vervos para o seguinte, e os que non viñeran estades invitados!

O alumnado de 3º e 4º de ESO estivemos en Francia desde o 19 ata o 27 de marzo.  Neses oito días fomos quen de visitar Burdeos, a Torre Eiffel, o museo do Louvre, Nôtre-Dame, Montmatre, Disneyland, le Futuroscope… E unha longa lista de etcétera…
As testemuñas desta magnífica viaxe e o ben que nolo pasamos son as fotos que vos ensinamos a continuación. Esperemos que vos gusten!

Premede na seguinte foto para ver o álbum:

 

Como todos os anos, o luns 2 de febreiro, os alumnos de francés celebraron a "fête de la Chandeleur". A celebración resultou un éxito, coma sempre, porque os rapaces de 1º e 2º de Bacharelato repartiron crêpes de xamón, queixo, nutella, flan... durante toda a mañá.

 

Do 14 ao 19 de xuño os alumnos de francés de terceiro e cuarto da ESO e primeiro de bacharelato realizaron unha viaxe a Bruxelas, Bruxas, Gante e Amsterdam.

Preme na seguinte imaxe se queres ver as imaxes do viaxe

 

Gran éxito na celebración da “ Degustación de Produtos Franceses” na que os alumnos descubriron novos sabores, ata agora, descoñecidos para eles.

Un ano máis, o IES A Basella de Vilanova de Arousa, en colaboración cos centros IES A Illa de Arousa, Pino Manso de Porriño, Fernando Esquío de Neda e o CPI Monte caxado das Pontes de García Rodríguez, logrou reunir a uns cincocentos alumnos cun obxectivo común: celebrar o VI certame de Francofonía.

france

A semellanza do pasado ano, os alumnos amosaron a súas destrezas musicais e lingúísticas nun festival da canción francesa, e como novidade, houbo unha acampada no pavillón da vila con proxección de películas en frances. Como remate, houbo no centro unha degustación de produtos típicos franceses.

 

 

O 3 de febreiro os alumnos de francés celebraron “le jour de la Chandelaire”. Durante toda a mañá os alumnos de 1º e 2º de bacharelato obsequiaron con crêpes de xamón e queixo, Nutella, flan… a profesores e alumnos. Debido ao éxito, durante toda a semana, houbo unha degustación de crêpes nas aulas do instituto.

Os alumnos de francés de 3º, 4º E.S.O e 1º BAC realizamos do 13 ao 21 de marzo unha viaxe de estudos a Bordeaux, Paris e Poitiers.

Foi unha experiencia inolvidable que permanecerá na nosa memoria ao longo das nosas vidas. Á parte de practicar a lingua francesa, coñecemos a súa cultura, quedamos encantados coas súas comidas como a quiche, a galette, a crêpe de nutella.

 Con este vídeo queremos que vos fagades unha idea da nosa extraordinaria estancia en Francia.

paris


Distribuir contido


by Dr. Radut