Convocatoria de traballo:
Solicitude de actividades de formación no estranxeiro
Benvido/a á aplicación para participar na convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) para o ano 2025.
PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN PROVISIONAL PIALE 2025 (30-04-2025)
Tal e como se recolle no Artigo 15.3. da Orde do 31 de xaneiro de 2025, faise pública a Resolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2025. Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión que rematará o xoves 8 de maio incluído. A renuncia á adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcase na súa solicitude.
As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, en https://sede.xunta.gal/portada. Deberán entrar en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2025, código do procedemento ED305F, e premer en Accións, na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren.
Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.
1. Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria
2. Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional
3. Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria
4. Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato
5. Actividade 5. Integración inglés para profesorado CLIL de FP
6. Actividade 6. Integración inglés para profesorado da EOI
7. Actividade 7. Integración en lingua francesa para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, FP e EOI
8. Actividade 8. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, FP e EOI
9. Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de infantil e primaria.
10. Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI
11. Actividade 11. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria
12. Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI
13. Actividade 13. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
14. Actividade 14. Portugués para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
15.Actividade 15. Alemán para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
NOTA INFORMATIVA DO 21 DE MARZO DE 2025
Ante posibles erros do aplicativo que poida atopar neste e lle impidan solicitar o programa PIALE, pregámoslle que faga unha captura de pantalla onde se aprecien os seus datos e a tipoloxía do erro e a remita antes do remate do prazo de solicitude establecido pola Orde vixente (23:59 do 21/03/2025) a formaes@edu.xunta.gal.
LIGAZÓN Á ORDE QUE REGULA A CONVOCATORIA:
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 3 de marzo ao 21 de marzo, ambos incluídos.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN:
As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal (código de procedemento ED305F). O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible nesta páxina e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade solicitada.
Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, e posteriormente realizarán a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, segundo as indicacións dispoñibles na aplicación https://www.edu.xunta.gal/piale/
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nas epígrafes que correspondan, en que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.
b) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 10 desta convocatoria
c) Certificado, expedido pola secretaría do centro, co visto e prace da persoa directora, en que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2024/25.
d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/nas lingua/s correspondente/s da/das actividade/s solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoal
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
CONTACTO:
Correo electrónico: formaes@edu.xunta.gal
Teléfono de contacto: 981546532, 881997419.
A organización das actividades será realizada polas empresas que resulten adxudicadas no procedemento de contratación que aínda está en trámite. Unha vez finalizada a contratación, realizaranse sesións informativas con carácter previo ás actividades.