Convocatoria de traballo:

Solicitude de actividades de formación no estranxeiro

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DEFINITIVA PIALE 2026 (09-06-2025)

 

Tal e como se recolle no Artigo 8.3. da Orde do 7 de xaneiro de 2026, faise pública a Resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2026.

 

1. Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

2. Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional

3. Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

4. Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

5. Actividade 5. Integración inglés para profesorado CLIL de FP

6. Actividade 6. Integración inglés para profesorado da EOI

7. Actividade 7. Integración en lingua francesa para profesorado especialista de francés e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e EOI

8. Actividade 8. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e EOI

9. Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de infantil e primaria.

10. Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI

11. Actividade 11. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

12. Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI.

13. Actividade 13. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

14. Actividade 14. Portugués para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15. Actividade 15. Alemán para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

 

Listaxe exclusión definitiva


 

MODALIDADE CURSOS:                                                   DATAS DAS ACTIVIDADES

As empresas adxudicatarias contactarán coas persoas admitidas proximamente para a organización das estadías.



 

MODALIDADE INTEGRACIÓN:                                        DATAS DAS ACTIVIDADES

 

As empresas adxudicatarias contactarán coas persoas admitidas  para a organización das estadías.

 

A eficacia de esta resolución queda condicionada á efectiva adxudicación e formalización dos contratos administrativos para a organización e desenvolvemento das actividades, segundo o establecido no artigo 11.3 da orde de convocatoria.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN PROVISIONAL PIALE 2026 (15-04-2026)

AS DATAS DE REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES, ASÍ COMO O DESTINO DAS MESMAS, PUBLICARANSE NESTA WEB EN CANTO ESTEAN DISPOÑIBLES.

De conformidade co disposto no artigo 8.3.3 da Orde do 7 de xaneiro de 2026, faise pública a Resolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2026. Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión. Este prazo rematará o mércores 22 de abril (incluído). A renuncia á proposta de adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcase na súa solicitude.

As reclamacións ou renuncias deberán presentarse por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal/portada.

Para realizalas, as persoas interesadas deberán acceder á sección A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2026, código do procedemento ED305F. Unha vez dentro premer Accións, na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. No caso de optar por Alegacións, poderase achegar a documentación que considere necesaria.

Unha vez que a reclamación / renuncia sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante tamén unha copia escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal co obxetivo de axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.


 

1. Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

2. Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional

3. Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

4. Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

5. Actividade 5. Integración inglés para profesorado CLIL de FP

6. Actividade 6. Integración inglés para profesorado da EOI

7. Actividade 7. Integración en lingua francesa para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, FP e EOI

8. Actividade 8. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, FP e EOI

9. Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de infantil e primaria.

10. Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI

11. Actividade 11. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

12. Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI

13. Actividade 13. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

14. Actividade 14.. Portugués para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15. Actividade 15. Alemán para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

Listaxe exclusión provisional 2026

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Benvido/a á aplicación para participar na convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) para o ano 2026.

LIGAZÓN Á ORDE QUE REGULA A CONVOCATORIA:

ORDE do 7 de xaneiro de 2026 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2026 (código de procedemento ED305F).
 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 4 de febreiro ao 24 febreiro as 13:00 horas.

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN:

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED305F).

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/piale e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, e posteriormente realizarán a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, segundo as indicacións dispoñibles na aplicación https://www.edu.xunta.gal/piale/

LIGAZÓN ÁS INSTRUCIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DA CONVOCATORIA

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA (deberá presentarse electronicamente)

a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nos apartados que correspondan, no que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.

MODELO ANEXO III EDITABLE (No caso de ter que presentar outros méritos que non consten no aplicativo da solicitude, estes alegaranse na mesma orde que aparecen expostos no anexo II)

b) Acreditación documental dos méritos alegados en relación co baremo que se publica como Anexo II desta orde, agás aqueles que xa consten no aplicativo da solicitude.

Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo ao que se refire o artigo 4.2 desta convocatoria.

c) Certificado, expedido pola secretaría do centro, co visto e prace da persoa directora, no que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2025/26.

d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/s lingua/s correspondente/s da/s actividade/es solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoais.
 

 

CONTACTO:

Correo electrónico: formaes@edu.xunta.gal

Teléfono de contacto: 981546532

A organización das actividades será realizada polas empresas que resulten adxudicadas no procedemento de contratación que aínda está en trámite (de momento, non se poden facilitar datas, lugares...). Unha vez finalizada a contratación, realizaranse sesións informativas con carácter previo ás actividades.