Skip to Content

Samaín 2019

O Samaín é unha festividade de orixe Celta que significa fin do verán. Celebrábase na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, para conmemorar o fin da tempada de colleitas e a chegada do inverno.  Os Celtas crían que nesta noite os seus ancestros podían visitar aos parentes vivos e por iso colocaban candeas dentro de caveiras para indicarlles o camiño. Na actualidade, mantemos a tradición de baleirar cabazas, decoralas e acender candeas no seu interior para iluminar as noites de transición entre o verán e o escuro inverno.

Así celebramos nós o Samaín, a festa máis tenebrosa:

-Con exposición de cabazas con mensaxes arrepiantes.

-Entrega de agasallos aos premiados no III Concurso de relatos curtos de medo.

Relato curto de medo

-Enchendo as aulas con personaxes terroríficos.

Celebrando o Samaín no CEIP Vistahermosa by Slidely Photo Gallery

ACHEGÁNDONOS AO BALONMÁN

Ao longo de todo o curso trataremos de achegarlle aos rapaces e as rapazas nocións básicas sobre diferentes modalidades deportivas.

Para elo servirémonos da área de Educación Física, así como da visita (sempre que sexa posible) de profesionais especializados neses deportes.

No mes de setembro 3º e 4º xa recibiu a visita dun adestrador de hockey.

Neste mes de outubro todos os cursos recibiron unha sinxela iniciación cara o balonmán. Agradecemos á escola de balonmán Vistahermosa a súa implicación.

 

"PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS"

Obradoiro de primeiros auxilios dirixido aos alumnos e ás alumnas de 3º e 4º de Primaria.

Verónica Civeira, xunto co seu equipo, axudáronnos a saber reaccionar ante pequenos accidentes, perdas de coñecemento e paradas cardíacas.

Do mesmo xeito tamén nos explicaron de forma sinxela os diferentes aspectos que debemos ter en conta para procurar ter unha vida o máis saudable posible.

 

 

 

 

Celebrando o día das Bibliotecas con escornabots

Bibliotecas Creativas

Lemundi, a mascota da biblio, invítanos a xogar cos escornabots  no Día das Bibliotecas Escolares.

Imos aprender a...

  • Coñecer os espazos da biblioteca. 
  • Manexar de forma básica a CDU. 
  • Programar o escornabot dende a botoneira.
  • Aprender xogando. 
Dinámica de xogo: 
Xogo 1
Material: taboleiro coa cdu, un dado e un escornabot
Haberá que tirar o dado, mover o escornabot o nº de celas que marque o robot, dirixirse aos andeis da biblioteca e traer un libro dese apartado da CDU
 
Xogo 2
Material: 2 taboleiros que reproducen os andeis da biblioteca, maquetas de libriños con cadansúas etiquetas.
Cada xogador collerá un libriño e programará o robot ata a cela correspondente segundo a etiqueta que aparece no lombo do libro (como son miniaturas, pódense cargar no escornabot e que os transporte)
    
 
codeweek bibliotecaCODEWEEK: Esta actividade está inscrita na Semana da Programación da Unión Europea:  

A RCP salva vidas

hora de lerO mércores, mentres liamos a prensa na hora de ler, chamounos a atención a noticia da morte do pintor lucense Alfredo Labajjo Grandío, "O Picasso Galego"

 

Tras ler este tráxico suceso, xurdiunos o  interese por saber como actuar ante un desvaecemento ou ante a perda do pulso cardíaco. Pica na imaxe Guiño

Que facer cando alguén sofre un desmaioA aplicación dunha RCP pode salvarlle a vida a unha persoa que sufriu unha parada cardio respiratoria.

 Aproveitamos para Facer UN PASEO POLA OBRA DO PINTOR Labajjo Grandío (publicado por José María Carricoba)

Actividade do "Proxecto de pintura" programado no Plan Lector

Nós salvaremos o planeta

Manifestación contra o Cambio Climático

#27S Mobilización de toda a escola polo Clima: Parón no recreo cos cartaces.

Con estas mensaxes o alumnado manifesta a súa preocupación pola saúde do planeta e reclama cambios para que a situación mellore: "Di NON ao plástico dun só uso", "Sen árbores non hai vida",  "Agora tócache a ti. CÓIDAA!, "Non malgastes auga", "Salvemos o planeta antes de que sexa tarde" ...

mobilización clima

Tamén en http://asombradoerbedo.blogspot.com/

SOS Terra

PETICIÓN DE SOCORRO AOS HABITANTES DA TERRA

As rapazas e rapaces de 6º lennos esta carta, enviada pola Terra, pedindo a nosa axuda para recuperar a saúde.

Carta da Terra: Petición SOS 

#27S Mobilizacións polo Clima

O planeta máis verde

# 23 ao 27S

Mobilizacións polo clima: Pola defensa dun planeta vivo e dun mundo xusto. O martes 24 de setembro vestiremos con algunha prenda de cor VERDE.

# 23 ao 27S - mobilización polo clima

Durante a semana do 23 ao 27 de setembro levaremos a cabo unha mobilización polo Clima. 

"A mocidade polo clima espertou, e chama ás nosas portas para que nos unamos a este movemento imparable que vai cambiar a historia"
Só xuntos poderemos dar solución á actual e dramática crise climática. 
Accións previstas 
Horas de ler da semana: Libros de temática ambiental, sostible, ... lectura imprescindible para entender o mundo no que vivimos.

LUNS 23/09 – “UN MINUTO DE SILENCIO POLA TERRA”

MARTES 24/09“VESTIR CON ALGUNHA PRENDA DE COR VERDE” A cor verde representa a cor da esperanza para poder afrontar o futuro e conseguir que a situación cambie.

MÉRCORES 25/09 – “VIDEO-FORUM":

E.Infantil: cadernoverde.gal

OxfamIntermón: Sete impactantes vídeos sobre medio ambiente

Antes Que Sexa Tarde (Before The Flood) | Documental

COWspiracy o segredo da sostibilidade

Greenpeace.org: Así foi a loita polo medio ambiente no 2018

Para ler: https://es.greenpeace.org/es/noticias/asi-ha-sido-la-lucha-por-el-medio-ambiente-en-2018/

XOVES 26/09 – “CARTACES POLO CLIMA” Imos plasmar as nosas propostas para coidar o Planeta. Reusade cartóns reciclados para reducir o consumo de papel.

VENRES 27/09 -  “PARÓN NO RECREO COS CARTACES” cos que amosaremos a nosa preocupación polo Planeta e cantaremos a canción: Canta polo clima en Inglés e en galego

Música - CD Operación can (Tedes o cd na aula de música)  proxecto musical da UPAFGA para concienciar da necesidade de coidar o entorno e o medio ambiente. 

E o 27 de setembro podes sumarte  á mobilización participando na Manifestación Mundial polo clima. En Ourenes, será na Praza Maior ás 20.00 h.

 http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/2019/09/20/folga-mundial-polo-clima-27s/

Plataformas convocantes: Movemento galego polo Clima, Mestras polo futuro, Amigos da terra, Fridays for future, Greenpeace...

Xa estamos de volta!

CURSO 2019-2020

Desexámosvos a todos e a todas un ano cargado de ilusións, entusiasmo, novas e divertidas aprendizaxes.

Engadide un chisquiño de corazón e unha presiña de esforzo e compromiso e seguro que teremos un excelente curso!

Lemundi, a mascota da biblio, dános a benvida

Distribuir contido


by Dr. Radut