Skip to Content

MEDRAMOS E FACÉMOLO CON FORZA!

 

O CEIP de Vistahermosa inicia unha nova etapa da man do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

O titular da Consellería de Educación, Cultura, FP e Universidades, D. Román Rodríguez, anunciou está mañá nunha reunión coas direccións dos centros implicados, as melloras previstas en nove colexios, institutos e centros integrados de FP da cidade de Ourense.

Dentro das devanditas actuacións atópase o noso colexio, o CEIP Vistahermosa.

No centro, que contará cun investimento de algo máis de 700000€, levarase a cabo unha rehabilitación integral, a instalación dun ascensor e o peche parcial da pista polideportiva.

Agradecemos, como non podería ser doutra forma, que a Consellería poña hoxe de relevo tanto ao noso colexio como ao propio barrio de Vistahermosa dando resposta así a vellas demandas desta comunidade educativa.

As obras do CEIP Vistahermosa, que comezarán  no ano 2024, enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e situarán ao noso centro, nun futuro moi cercano, como un dos máis modernos, accesibles e confortables de toda a nosa contorna.

Hoxe, tal e como apuntabamos ao inicio, comeza unha nova etapa para todos nós, unha etapa, que de seguro, fará que a nosa comunidade educativa medre e aumente aínda máis o seu valor.

Noraboa a toda a comunidade educativa do CEIP Vistahermosa!

 

 



story | by Dr. Radut