Skip to Content

Mandatos do Meco: mércores 7

Mandatos do Meco: martes 6

Mandatos do Meco: luns 5

Mandatos do Meco: Venres 2

Mandatos do Meco: Xoves 1

Museo Galego do Entroido e cine!

Achégase o tan agardado Entroido e para irnos preparando o xoves 25 visitamos o Museo do Entroido, onde da man de Carlos Martínez, aprendemos infinidade de cousas sobre esta popular festa. Vimos as tres pequenas exposicións sobre o "ciclo do Entroido", os "sons do Entroido" e a "gastronomía do Entroido". Na exposición central puidemos deleitarnos cunha mostra de máis de vinte traxes de diferentes lugares de Galicia.

Despois fomos ao cine a ver "Migración. Un viaje patas arriba". Esta divertida peli narra a historia dunha familia de patos onde a nai, Pam, morre de ganas de vivir a vida e facer que os seus fillos, Dax e Twen, coñezan o mundo en toda a súa amplitude. Finalmente Pam convence a papá Mack para viaxar a Xamaica pero nada sae como tiñan previsto... Esta viaxe axúdaos a descubrir horizontes descoñecidos, facer novos amigos e vivir experiencias que endexamais imaxinaron.

Tamén houbo tempo para divertirse e xogar, e de pasar tempo cos nosos compañeiros e compañeiras do CPI Laureano Prieto da Gudiña cos que compartimos actividades e tempo de lecer. Unha xornada que ben seguro será difícil de esquecer!

Aprende con Sogama

Este curso participamos no programa de innovación educativa "Recíclate con Sogama" enmarcado no Plan Proxecta+ da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Comprometidos coa reciclaxe, a recollida selectiva de residuos e o desenvolvemento sostible seguimos a traballar este curso cos tres "Rs" no noso centro: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Para facilitarnos esta tarefa recibimos no centro unha "illa de reciclaxe" conformada por catro contedores (amarelo, azul, marrón e verde).

Ademais, o martes 23 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de recibir un taller da man de Nuria co obxectivo de que sexan parte activa na xestión dos refugallos e que actúen como axentes dinamizadores das boas prácticas ambientais na súa contorna familiar e social.

PILABOT: Recicla con enerxía!

Este curso, fomos un dos 150 centros seleccionados para participar no Concurso Pilabot.

Iniciamos a nosa 2ª participación nesta iniciativa que ten por obxectivo fomentar a recollida de pilas e acumuladores así como informar e concienciar ao noso alumnado sobre a necesidade de reciclalos.

O alumnado levará para casa unhas caixas para que garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. Despois, traerán as pilas ata o centro onde as depositaran nun contedor. Os dous centros que máis quilos de pilas recollan en total e os dous que máis quilos recollan por alumno obterán un premio para a compra de material escolar. Os premios son de 2.500€ e 1.250€ polo que animádevos a participar!

Reserva de praza curso 2024-2025 (Só alumnado de 6º de Ed.Primaria

Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se reugla a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato, comezamos o prodecemento de admisión para o curso académico 2024/2025.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar estudos no centro de adscrición IES Castro de Baronceli, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira) entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2023 o modelo normalizado (ED550A) facilitado polo centro.

No seguinte enlace podedes descargar o modelo de solicitude. 

Nota da Inspección Educativa: A reserva de praza ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro. 

Festival de Nadal 2023

O pasado xoves, 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal 2023. O noso alumnado esforzouse por ofrecernos o mellor Festival de Nadal que se podía ver en Riós. Coas distintas actuacións amosáronnos o traballo que estiveron preparando durante semanas. O noso recoñecemento e agradecemento vai para eles/elas e tamén para o profesarado que preparou estas marabillosas actuacións. Aquí vos deixamos o vídeo do Festival e tamén a curtametraxe "Hoxe atopei un elfo" do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

The Show Must Go On!

Distribuir contido


by Dr. Radut