Skip to Content

Toni's reading club

A cidade do átomo

Hoxe os nosos Lectores da Galaxia atoparon unha nova carta de Toni cando ían a biblioteca. Nela contáballes que xa tiñan unha nova misión para completar no club de lectura. Por desgraza, unha reacción no envío da probar fixo que quedara esnaquizada en moitos anacos, que os rapaces tiveron que buscar e unir para descifrar o título dun novo libro: A cidade do átomo. Estamos desexando lelo e descubrir novas aventuras!

Erwin, el gato cuántico

Arrincamos co club de lectura co noso primeiro libro deste ano. Para comezar, o alumnado participante realizou un marca-páxinas con motivos espaciais, en consonancia coa temática do noso club de lectura. Logo comezamos a ler o cómic, e nas próximas semanas iremos realizando tarefas sobre a lectura na nosa Biblioteca, estamos moi entusiasmados!

Os lectores da galaxia

O alumnado de 4º 5º e 6º de primaria recibiu esta semana unha mensaxe importantísima de Tony, a nosa mascota. Resulta que Tony está inmerso nunha viaxe interespacial, e está recrutando a lectores expertos para o seu club. Para lograr entrar nel, os nenos e nenas candidatos tiveron que superar unha serie de probas para adiviñar o primeiro libro no que deberán somerxerse. Seguiremos informando sobre as aventuras destes mozos e mozas!

Club de lectura - Maxia de pedra

 

En Maxia de pedra uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado. De onde procede ese gato? Como puido chegar ata unha necrópole romana? Que interese hai detrás do roubo?
Unha novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á época da romanización.

Distribuir contido


by Dr. Radut