Skip to Content

Taboleiro

Envío dende o Polo Norte

Hoxe, 19 de decembro recibimos un paquete express directo nada máis e nada menos que do Polo Norte. Nel, atopamos unha caixa do correo de Papá Noel!

Precisamente foi el quen lle encargou a uns elfos e elfas máxicos un encargo tan sumamente especial. Eses elfos tan máxicos son deses que en pouco tempo métense no teu mundo, no teu universo, que te agasallan coa súa maxia e que dalgún xeito chegan para quedar. Seica algúns, estes días andan polas casas vixiando aos nenos e nenas!!! Fixádevos se son marabillosos que en días de tanto traballo foron quen de non esquecerse de nós e facernos chegar ese envío tan especial!

Vaia sorte recibir tanta maxia nun agasallo... e, a nós que tanto nos gusta o Nadal os agasallos así aínda nos enchen moito máis de ilusión.

Agora, é a quenda do noso alumnado, que entre mércores e xoves deberá escribir as súas cartas e a ver que atopan á volta!!!

E así de chulo loce no noso cole!!!

DESEÑANDO NOVOS ESPAZOS

Contamos dende fai días cunha nova creación feita por Pablo Fernández Alves (Ñaco), ex-alumno do centro. Toda a comunidade educativa queremos agradecerlle este traballo que fixo dun xeito altruísta e con tanto agarimo. Esta fermosa aguia estará para sempre no noso patio, grazas ás moitas horas de traballo e dedicación que Ñaco puxo na súa fermosísima obra.

Este traballo englóbase na actuación que o Concello de Riós fixo durante os primeiros días do mes de setembro, para proceder á limpeza do patio.

Aquí podedes ver ao artista rodeado por parte do noso alumnado agradecéndolle o seu traballo.

Moitas grazas, Ñaco!

Distribuir contido


by Dr. Radut