Skip to Content

Recomendámosche

Ciencia sobre rodas

Este mes contamos coa maleta de ciencia na nosa biblioteca. Vén cargada de libros interesantísimos sobre mulleres e homes científicos, curiosidades da nosa natureza, e experimentos que realizar. Este material de préstamo do equipo de Bibliotecas Escolares estará a disposición da nosa comunidade educativa durante uns días. Preparados para aprender ciencia?

"Non hai barreira, pechadura nin parafuso que poida impoñer a liberdade da miña mente" Virxinia Woolf

Este mes na Biblioteca quixemos aproveitar o recuncho de recomendacións de Toni para conmemorar o 8M, o día internacional da Muller. Por iso, este mes, podemos atopar nestes andeis libros sobre mulleres valentes e fortes da historia que no seu día, por mor das desigualdades, non foron recoñecidos os seus logros e traballos como se debería.

Tamén queremos igualmente por en valor a todas as mulleres que están nas nosas vidas, nais, irmás, avoas, tías, amigas... para que se sigan sentindo orgullosas do que son, do que fan, e dos seus logros e obxectivos.

Concurso de contos

A segunda actividade que realizamos co gallo da Semana do Libro foi un concurso de contos. Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria elaboraron os seus propios contos na clase de lingua galega. Fixemos unha xuntanza para escoitar todos os contos e votar polos nosos favoritos que logo do reconto levarán un agasallo especial. Ademais o alumnado de 1º de primaria contou un conto que foi elaborado de xeito colectivo. Pola súa parte, os nenos e nenas de 6º de infantil contaron  "A lenda de San Xurxo" e para rematar  todo o alumnado de infantil recitou o poema de Gloria Fuertes "No está mal".


Concurso de Booktubers

Convértete nun youtuber da crítica literaria por un día. Realiza un vídeo no que resumas un libro en galego que leras, que che gustara e que recomendes aos demais.

Anímate a participar!

O prazo para presentar o teu traballo é dende o 15 ao 29 de marzo. Podes traer o vídeo nun pendrive ou envíalo ao mail: ceip.vendas.dabarreira@edu.xunta.gal. Os tres mellores vídeos publicaranse na web do cole!

 

Velaquí os vídeos gañadores.

"AMAR" de Palabras Aladas

Dende a biblioteca queremos recomendarvos a lectura do libro "Amar" de Palabras Aladas.

É un libro que describe de maneira sinxela corenta actitudes, valores e comportamentos que conforman a palabra amar.

O amor é como unha planta, hai que regalo e coidar cada folla que lle dá beleza para que ese amor se acabe convertendo nunha árbore frondosa e chea de froitos.

A partir da lectura deste libro, os alumnos de 2º de primaria, Andrés e Pablo, elaboraron a súa árbore do amor e en cada folliña foron escribindo as súas propias ideas e reflexións, porque amar é a mellor maneira de convivir.

Aquí vos deixo as súas opinións e recomendacións do libro:

"Describe o amor de diferentes formas e é moi entretido. Animándevos a descubrir o libro "Amar".

Andrés Gago

"Explica querer de diferentes formas. Gustoume moito, veña léndeo".

Pablo Gago

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut