Skip to Content

Educación Primaria

Capítulo 2: E fixemos guacamole!

Como xa somos uns profesionais da cociña, continuamos cos máis maiores facendo a nosa deliciosa receita das Vendas de guacamole. A verdade é que o resultado foi excepcional pois estaba... delicioso! Que aproveite!

Coidamos a boca!

O alumnado de Educación Primaria participou hoxe dunha charla enmarcada no Programa de Saúde Bucodental “Mira que BOCA”. Cristina hixienista da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras foi quen nos explicou as funcións dos dentes e a boca, as enfermidades máis frecuentes e a importancia de ter hábitos de vida axeitados, especialmente no relativo á saúde bucodental, como son o cepillado correcto e manter unha alimentación axeitada. Grazas Cristina!

Hoxe elaboramos... guacamole!

Nestes últimos días estivemos traballando os diferentes tipos de textos narrativos e como na clase de primeiro e segundo somos de moi bo dente, fascinounos a idea de poder facer unha receitiña. Para iso decidimos facer unha "viaxe espacial" nada máis e nada menos que a México e elaboramos un guacamole delicioso, faciliño e sobre todo saudable... Queredes saber como se fai? Pois prestade MOITA ATENCIÓN!

Aprende con Sogama

Este curso participamos no programa de innovación educativa "Recíclate con Sogama" enmarcado no Plan Proxecta+ da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Comprometidos coa reciclaxe, a recollida selectiva de residuos e o desenvolvemento sostible seguimos a traballar este curso cos tres "Rs" no noso centro: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Para facilitarnos esta tarefa recibimos no centro unha "illa de reciclaxe" conformada por catro contedores (amarelo, azul, marrón e verde).

Ademais, o martes 23 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de recibir un taller da man de Nuria co obxectivo de que sexan parte activa na xestión dos refugallos e que actúen como axentes dinamizadores das boas prácticas ambientais na súa contorna familiar e social.

Nas rotativas

Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria convertémonos en xornalistas de primeira categoría para achegarvos as novas de última hora. Non perdades detalle, comeza o telexornal!

InnovArt 2023

O pasado venres 14 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º visitou InnovArt 2023 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, un evendo que dá a coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas a través de exposicións e de actividades interactivas de baloncesto, fútbol sala, vela, estampado en tea, creación de chaveiros de metacrilato, animación Stop Motion, set de fotografía, modelaxe sobre manequín, obradoiros de danza e concertos en directo, entre outros. Aquí tedes un pequeno resumo da xornada.

A clase de ciencias

Ao longo destes meses nas materias de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, o alumnado 4º, 5º e 6º elaborou diferentes maquetas e tamén investigou e experimentou coas propiedades da materia e coa electricidade.

Velaquí tedes un resumo do seu magnífico traballo. Parabéns a todo o grupo pola súa motivación e dedicación nas actividades propostas.

 

25N: A violencia de xénero encadéanos

Este 25-N no CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira puxémonos mans á obra para crear as nosas gafas violetas feministas. Unha vez listas tocou abrir ben os ollos para ler as mensaxes tan obvias, que, ás veces, sen as gafas, non podemos ver. Despois o noso alumnado escribiu esas mensaxes para que todo o mundo as poidese ler. 

Un ano máis participamos no concurso de debuxo organizado pola Mancomunidade Conso-Frieiras no que resultaron gañadores Gael, Ysabella, Andrés e Tania. 

Ás 11:30 horas na biblioteca do cole visualizamos o vídeo: O chuvasqueiro de Aurora da autora María Márquez. Despois reflexionamos sobre os sentimentos e impresións que lles xurdiran. 

Ao rematar os nenos e nenas do cole elaboraron unhas láminas con mensaxes rexeitando a violencia de xénero. Fixeron tamén unha cadea de papel para por de manifesto que a violencia de xénero encadéanos. Aquí vos deixamos unha pequena escolma dos traballos realizados co obxectivo de dar visibilidade á loita contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo. 

Debuxos paroleiros

No día de hoxe os nenos e nenas de 1º e 3º de Educación Primaria fixemos uns conxuros e os nosos deseños cobraron vida! Non volo perdades! 

 

DESPEGUE INMINENTE DA TRIPULACIÓN FANTASÍA

O mércores 22 de Xuño a Tripulación Fantasía do CEIP das Vendas da Barreira comezou o seu despegue cara a Misión Secundaria, Estación de destino: O Instituto.

A despedida foi moi, moi emotiva e xunto coas familias, tódolos seus mestres e mestras os acompañaron nese momento tan especial.
Todo a tripulación que conforman a Estación CEIP das Vendas quere desexarlles moitísima sorte e lembrarlles que aquí terán a súa casa, SEMPRE SERÁN DO CEIP DAS VENDAS DA BARREIRA.

Como mostra, aquí vos deixamos o fermoso vídeo co que os agasallou a súa titora Carmen.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut