Skip to Content

25N: A violencia de xénero encadéanos

Este 25-N no CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira puxémonos mans á obra para crear as nosas gafas violetas feministas. Unha vez listas tocou abrir ben os ollos para ler as mensaxes tan obvias, que, ás veces, sen as gafas, non podemos ver. Despois o noso alumnado escribiu esas mensaxes para que todo o mundo as poidese ler. 

Un ano máis participamos no concurso de debuxo organizado pola Mancomunidade Conso-Frieiras no que resultaron gañadores Gael, Ysabella, Andrés e Tania. 

Ás 11:30 horas na biblioteca do cole visualizamos o vídeo: O chuvasqueiro de Aurora da autora María Márquez. Despois reflexionamos sobre os sentimentos e impresións que lles xurdiran. 

Ao rematar os nenos e nenas do cole elaboraron unhas láminas con mensaxes rexeitando a violencia de xénero. Fixeron tamén unha cadea de papel para por de manifesto que a violencia de xénero encadéanos. Aquí vos deixamos unha pequena escolma dos traballos realizados co obxectivo de dar visibilidade á loita contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo. 



blog | by Dr. Radut