Skip to Content

Deportes

Campo a través na Rúa

A área recreativa do Aguillón na Rúa acolleu o sábado 11 de febreiro, a final provincial de campo a través de Xogade.

Estaban convocados máis de 600 participantes e aínda que os nosos clasificados Andrés, Hiba e Pablo non gañaron pasaron unha xornada deportiva moi agradable. Fixádevos ademais o guapos e guapa que estaban coas camisetas corporativas coas que os agasallou o centro!

Parabéns por participar e o noso agradecemento para Antía a mestra acompañante nesa xornada de sábado.

Carreira de campo a través en Tintores

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou o pasado xoves 2 de febreiro no campo a través comarcal que se celebrou en Tintores dentro do programa Xogade. 

Estaban convocados uns 750 participantes que foron correndo por equipos. O alumnado clasificado do noso centro foi o seguinte:

-Alevín: Andŕes e Pablo.

-Infantil femenino: Hiba. 

Parabéns a todos/as por participar! E o noso agradecemento tamén para o profesorado acompañante. Vémonos no campionato provincial! 

Velaí os nosos campións e campioas en acción! 

Distribuir contido


by Dr. Radut