Skip to Content

Educación Infantil

Xogamos e construímos

Os nosos nenos e nenas de Educación Infantil estiveron a experimentar e a poñer en practica as  súas dotes construtivas e iniciarse no mundo MAKER. Pasaron un rato moi agradable na nosa biblio pondo a voar a súa imaxinación. Porque para ser maker non fai falta gran cousa, só moita imaxinación e creatividade!

Parabéns Cristian!

E hoxe tócalle a Christian!
Son xa cinco voltiñas ao sol, feito todo un homiño!
O  día 25 finalmente estivemos todos e puidemos celebrar o aniversario de Christian.
Foi moi valente e veu á festa porque aínda estaba algo convalecente pero soprou as velas, repartiu caramelos e xogaron do lindo.
Parabéns Christian!!

Aniversario Xoel

Xa van cinco voltas arredor do Sol! Estes nenos medran sen parar!

O mércores, por fin, coa clase ao completo celebramos o aniversario de Xoel cunha artística tarta de plastilina con cinco veliñas alumeando que Xoel soprou con moita forza. Tamén inflamos globos e Xoel repartiu emocionado os caramelos entre os seus compañeiros e compañeiras. Parabéns Xoel!

"SOPRANDO CANDEAS..."

Rematamos o curso cunha celebración moi especial… Nesta ocasión, Mía celebrou as súas 5 voltas ao sol.

Como xa é costume, a homenaxeada amosounos fotos da súa vida, dende que era unha bebé ata agora, fotos cos seus pais, coa súa irmá pequerrechiña e celebrando os seus aniversarios cunhas tortas que abríronnos a todos/as o apetito.  

E, por si fora pouco, ademais das felicitacións dos compañeiros/as e de cantarlle os parabéns visionamos unha felicitación moi especial que emocionou moito a Mía e a tódolos presentes, a súa familia fíxolle un vídeo súper chulo que lle quedará para o recordo.
 
Feliz aniversario Mía! Segue namorándonos co teu sorriso por moito tempo.

"Avecíñanse cambios..."

Neste curso que está próximo a rematar vivimos moitas emocións e tanto os/as pequenos/as, coma as familias e o profesorado sabémolo ben. Hai un paso moi importante que os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil están a piques de dar: este é o seu último ano con mandilóns! O próximo ano comezarán unha nova aventura en 1º de Educación Primaria.

Para manter unha continuidade entre ambas etapas, as familias e a titora reunímonos para falar da gran evolución destes cativos, que son INCRIBLES e que traballan moi ben, ver o novo espazo e falar dalgunhas pautas interesantes para manter no verán e de cara ao próximo curso.

"Moi pronto nas rotativas..."

Como xa sabedes, fai un tempo pedimos a vosa colaboración para que elixirades xunto os vosos fillos e fillas o nome para a revista escolar e por fin temos un gañador!

O nome da nova revista escolar do CEIP das Vendas da Barreira é "MINIREPORTEIROS DO NOSO".

Esta proposta recibímola da man de Erik de 6º de Educación Infantil e a súa familia. Non nos pode gustar máis este nome tan especial.

Tamén agradecer ao resto de rapaces e rapazas a súa participación.

Parabéns!

Comezamos o mes de abril co aniversario dunha meniña moi especial! Alma cumpriu 5 ANOS!

Día Internacional da Muller

 

 

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Na aula de Educación Infantil, igual que no resto do centro, celebramos o martes 8 de marzo o Día Internacional da Muller debuxando a muller máis importante nas nosas vidas, aínda que foi unha tarefa moi complicada xa que na vida dos nosos pequenos/as hai moitas mulleres incribles e custoulles moito elixir a quen debuxar. Ademais, fixemos unhas pulseiras de recordo para conmemorar este día tan especial. Preme aquí para ver as imaxes.

 

“Aniversario de cine!”

Esta semana non só tivemos o Entroido para celebrar... Na clase de Educación Infantil celebramos o aniversario da benxamina do grupo. Lara cumpriu 4 anos!

E que celebración!

Contamos con convidados e convidadas de película: princesas, súper heroes, personaxes máxicos e súper heroínas...

A princesa Lara amosounos varias fotos da súa vida, dende que naceu ata agora e lemos xuntos unha carta moi especial escrita pola súa familia. Dende logo que foi unha celebración máxica!

Todas e todos desexamos que Lara gozase moito do seu día e esperamos celebrar moitos máis ao seu lado. Feliz volta ao sol!

“Seguimos medrando…”

Como ben sabedes, na aula de educación infantil encántanos celebrar cousiñas bonitas e ultimamente isto é un “non parar”. Esta semana, celebramos o aniversario do noso neno máis pequeniño da aula: David.

Hoxe foi a súa quenda, David, cumpriu 4 anos! Os seus compañeiros e compañeiras estaban eufóricos, foi un día de moitas emocións para o grupo. David ensinounos fotos de cando naceu e era un bebe pequerrechiño e ben gordiño, cando cumpriu anos, gozando do Entroido, colaborando coa súa familia na matanza, con Papá Noel no Nadal… E lemos unha carta ben bonita escrita pola súa familia.
David, este é o teu primeiro aniversario no cole e estamos moi contentos/as de compartilo contigo, este e todos os que veñan!

Feliz volta ao sol, David!

Distribuir contido


by Dr. Radut