Skip to Content

"Avecíñanse cambios..."

Neste curso que está próximo a rematar vivimos moitas emocións e tanto os/as pequenos/as, coma as familias e o profesorado sabémolo ben. Hai un paso moi importante que os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil están a piques de dar: este é o seu último ano con mandilóns! O próximo ano comezarán unha nova aventura en 1º de Educación Primaria.

Para manter unha continuidade entre ambas etapas, as familias e a titora reunímonos para falar da gran evolución destes cativos, que son INCRIBLES e que traballan moi ben, ver o novo espazo e falar dalgunhas pautas interesantes para manter no verán e de cara ao próximo curso.

Por iso, nestas últimas semanas estamos a facer que estes cambios sexan máis doados para eles e non os collan por sorpresa a volta do verán. Grazas ás modificacións no protocolo COVID (aínda que sempre garantindo a seguridade de todos) os cativos e cativas comezan a interactuar todos entre si.

Ademais, xa tivemos a sorte de recibir na nosa aula as compañeiras/os de 2º de E. Primaria para contarnos un fermoso conto e... Isto non queda aí porque... nos tamén fomos de visita! Os nenos/as coñeceron recentemente a clase que será o seu segundo fogar o próximo curso e observamos como traballaban os compañeiros maiores... que ilusión lles fixo e que traballo lles espera!

E que ganas de seguir vendo como crecedes connosco!

 



blog | by Dr. Radut