Skip to Content

Música

Protexe o noso planeta

Este curso 22-23 participamos por 1ª vez no programa de educación medioambiental Voz Natura da Voz de Galicia e desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Co obxectivo de concienciar e implicar ao noso alumnado na recuperación e defensa da natureza deseñamos distintas actividades para realizar ao longo do curso escolar.

Nesta ocasión foi unha actividade de sensibilización na que se escolleu a canción de Camilo “Vida de rico”  e se versionou a súa letra para transmitir unha mensaxe na que se pon en valor a importancia da reciclaxe.
Non deixedes de escoitar aos artistas do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira!

Ópera nas Vendas

O pasado venres, tanto o persoal do centro coma o alumnado fomos convidados a un concerto moi especial.

O alumnado de 4°, 5° e 6° de Educación Primaria, baixo a dirección de orquestra da mestra Carmen, agasalláronnos coa interpretación da obra Carmen de Georges Bizet.

Rap da Constitución

Un ano máis, no noso centro, celebramos o aniversario da Constitución Española, pero este ano a ritmo de rap. Un rap ben  simpático cantado polos nenos e nenas do cole onde ademais nos amosan as súas grandes habilidades para a interpretación. Desexamos que o gocedes tanto coma nós. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut