Skip to Content

Ópera nas Vendas

O pasado venres, tanto o persoal do centro coma o alumnado fomos convidados a un concerto moi especial.

O alumnado de 4°, 5° e 6° de Educación Primaria, baixo a dirección de orquestra da mestra Carmen, agasalláronnos coa interpretación da obra Carmen de Georges Bizet.

Carmen fixo unha labor extraordinaria co alumnado do seu grupo clase pois foi quen de detectar ese talento especial que teñen os nosos alumnos/as e establecer unha conexión emocional con eles para que finalmente foran quen de deleitarnos cunha peza tan especial.

Foi unha gran sorpresa para todos os convidados e os nosos intérpretes coidaron ata o máis mínimo detalle: invitacións personalizadas, vestiario, localizacións…

Gozamos moito coa súa versión da obra e co coidado e ilusión que lle puxeron, tanto é así que quedamos con ganas de máis, será que pronto volverán a agasallarnos con outra actuación? Estade ben atentos a nosa web ;-).

Parabéns rapazada, sodes uns artistas!



blog | by Dr. Radut