Skip to Content

Educación Infantil

“Seguimos medrando…”

Como ben sabedes, na aula de educación infantil encántanos celebrar cousiñas bonitas e ultimamente isto é un “non parar”. Esta semana, celebramos o aniversario do noso neno máis pequeniño da aula: David.

Hoxe foi a súa quenda, David, cumpriu 4 anos! Os seus compañeiros e compañeiras estaban eufóricos, foi un día de moitas emocións para o grupo. David ensinounos fotos de cando naceu e era un bebe pequerrechiño e ben gordiño, cando cumpriu anos, gozando do Entroido, colaborando coa súa familia na matanza, con Papá Noel no Nadal… E lemos unha carta ben bonita escrita pola súa familia.
David, este é o teu primeiro aniversario no cole e estamos moi contentos/as de compartilo contigo, este e todos os que veñan!

Feliz volta ao sol, David!

Feliz volta ao Sol!

Esta semana na clase de Educación Infantil estivemos de celebración xa que o noso compañeiro GAEL acaba de facer 5 voltas ao sol! Si, si… nestes últimos días Gael cumpriu 5 anos e aínda que tivemos que demorar un pouquiño a celebración, retomámola con moitas ganas de troula!

Celebrámolo dunha forma moi especial coñecéndoo un chisco máis. Gael, xunto coa súa familia, elaborou un libro da súa vida cheo de fotos: dende que naceu ata agora e cargado de detalles onde conta o que lle gusta facer, a súa cor favorita, os seus instrumentos musicais, as súas aventuras… todos e todas quedamos abraiados! Sen dúbida, o libro da súa vida foi o noso libro favorito da semana.

Felices voltas ao Sol!

Para rematar o trimestre celebráronse  na aula de Educación Infantil os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos ao longo do trimestre, inspirándonos no modelo Montessori.

Repasamos contidos que xa sabíamos e aprendemos cousas novas. Sabemos que nós vivimos no planeta Terra e que este xira arredor do sol pero ademais, descubrimos que a Terra tarda un ano en dar unha volta enteira ao sol.

Con tal motivo, Erik, Loisel e David M. (os nosos homenaxeados e homenaxeada) deron 5 voltas “arredor do sol” e amosáronnos fotos deles de pequenos, dende que naceron ata cumprir os 5 anos, por suposto, grazas á colaboración das familias.

As compañeiras e compañeiros gozaron moito deste ratiño e quedaron encantados de ver como eran os seus amigos de bebés e canto medraron. E, aínda que non lle puidemos dar un bocado, non podía faltar unha boa torta para cantar o “cumpleaños feliz”.

 

Parabéns Erik, Loisel e David M. Desexámosvos toda a ledicia e saúde que poidades ter na vida e poder compartir convosco máis aniversarios especiais coma este! 

Distribuir contido


by Dr. Radut