Skip to Content

Parabéns!

Comezamos o mes de abril co aniversario dunha meniña moi especial! Alma cumpriu 5 ANOS!

Os pequenos e pequenas de Educación Infantil xa se acostumaron a estas celebracións tan especiais e gozan moito vendo imaxes da vida dos homenaxeados. Por iso, nesta ocasión, Alma amosounos fotografías da súa vida, dende que naceu ata que deu as súas 5 voltas ao sol.

Todos e todas quedaron namorados das fotiños de Alma de bebé tanto que dicían que parecía unha boneca! Ademais, ela púxose moi contenta amosándonos a súa familia e os seus amigos e amigas nas fotos (e tamén vimos caras coñecidas jeje).

FELIZ ANIVERSARIO ALMA! Desexámosche o mellor neste novo ano que comezas!



blog | by Dr. Radut