Skip to Content

Club de lectura - Maxia de pedra

 

En Maxia de pedra uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado. De onde procede ese gato? Como puido chegar ata unha necrópole romana? Que interese hai detrás do roubo?
Unha novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á época da romanización.

Despois de que o alumnado de 4º 5º e 6º  rematara este fantástico libro no club de lectura “Toni’s reading club” tiveron a sorte de recibir na aula a un dos autores do libro, Xabier Domínguez Pérez. Xabier explicoulles como é o proceso de creación dun libro, desde que sae a primeira idea da cabeza ata que chega ás nosas mans como lectores. Tamén lles falou dos castros e da arte rupestre, cuestións mencionadas no transcurso da historia de “Maxia de pedra” e desvelou datos curiosos dos personaxes da historia que están relacionados coa súa vida persoal. Por último, dedicoulles os libros que levaron para a casa con moito entusiasmo.

Preme aquí para ver a galería de imaxes.

 

 



blog | by Dr. Radut