Skip to Content

Festival de Nadal 2023

O pasado xoves, 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal 2023. O noso alumnado esforzouse por ofrecernos o mellor Festival de Nadal que se podía ver en Riós. Coas distintas actuacións amosáronnos o traballo que estiveron preparando durante semanas. O noso recoñecemento e agradecemento vai para eles/elas e tamén para o profesarado que preparou estas marabillosas actuacións. Aquí vos deixamos o vídeo do Festival e tamén a curtametraxe "Hoxe atopei un elfo" do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

The Show Must Go On!

O Apalpador e a nena sen medo

Grazas á ANPA do noso centro o pasado luns 11 de decembro gozamos da obra "O Apalpador e a nena sen medo" baseada nun poema de Sechu Sende.

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso, a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

Foi unha actuación máxica, amena e divertida da que gozaron tanto alumnado como familias.

Envío dende o Polo Norte

Hoxe, 19 de decembro recibimos un paquete express directo nada máis e nada menos que do Polo Norte. Nel, atopamos unha caixa do correo de Papá Noel!

Precisamente foi el quen lle encargou a uns elfos e elfas máxicos un encargo tan sumamente especial. Eses elfos tan máxicos son deses que en pouco tempo métense no teu mundo, no teu universo, que te agasallan coa súa maxia e que dalgún xeito chegan para quedar. Seica algúns, estes días andan polas casas vixiando aos nenos e nenas!!! Fixádevos se son marabillosos que en días de tanto traballo foron quen de non esquecerse de nós e facernos chegar ese envío tan especial!

Vaia sorte recibir tanta maxia nun agasallo... e, a nós que tanto nos gusta o Nadal os agasallos así aínda nos enchen moito máis de ilusión.

Agora, é a quenda do noso alumnado, que entre mércores e xoves deberá escribir as súas cartas e a ver que atopan á volta!!!

E así de chulo loce no noso cole!!!

Período de vacacións de Nadal do curso 2023-2024

Segundo figura no calendario escolar da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na súa Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o período de vacacións de Nadal abrangue dende o 22 de decembro de 2023 ata o 5 de xaneiro de 2024, ambos inclusive, reanudando a actividade lectiva o luns, 8 de xaneiro de 2024 no horario habitual.

Do mesmo xeito informamos que as cualificacións da primeira avaliación serán publicadas na plataforma ABALAR, o xoves 21 de decembro a partires das 16:00 horas.

Aproveitamos para desexar a toda a Comunidade Educativa unhas Boas Festas e un Próspero 2024.

"Está o que coñecemos, que é estreito. Está o que sentimos, que é infinito". Christian Bobin

Festival de Nadal

Despois dun delicioso chocolate con churros despediremos un ano máis o trimestre co "Festival de Nadal" ao que tódalas familias do centro están convidadas.

Agardamos que as actuacións que con tanto agarimo preparamos sexan do voso agrado.

Chocolatada e panxoliñas de Nadal

O vindeiro xoves 21 de decembro remataremos o trimestre tomando chocolate ben quentiño ao que toda a comunidade educativa do centro está convidada.

Tamén haberá churros. Cos cartos que se recollan dos churros a nosa ANPA seguro que nos organizará algunha actividade ben interesante! Non podedes faltar!

Winter time, Christmas time

Cold weather, snowflakes, hot chocolate, Santa, Rudolf, presents ... the most magic time of the year it's almost here, and we are celebrating it using watercolours, recicled materials, and our imagination!

Novas ferramentas na biblioteca

No noso centro apostamos pola formación actualizada e o uso dos novos recursos que nos ofrecen os avances tecnolóxicos. Na actualidade as bibliotecas escolares atópanse en proceso de comezo do uso da plataforma KOHA para a xestión dos fondos, emprésitos etc.

Por iso dentro dunha das liñas do noso PFPP (Plan de Formación  Permanente do profesorado), estamos a formarnos no emprego desta plataforma, para ofrecerlle aos usuarios/as da nosa biblioteca máis oportunidades e un mellor funcionamento da mesma.

Decembro: mes de diversidade na biblioteca

Este mes creamos un recuncho na biblioteca sobre a diversidade. Con esta escolla pretendemos dar visibilidade á diversidade da nosa sociedade e así continuar apostando por unha educación e biblioteca inclusivas.

Certificado día do pixama

Recibimos por parte de ASEAF (Asociación Estatal de Acogimiento Familiar) o certificado da nosa participación no Día do Pixama o pasado 20 de novembro. No correo que nos achegan agradecen a nosa participación na Sétima Edición do Día do Pixama no que participaron 480 centros educativos de toda España.

Asemade recoñecen o noso compromiso coa responsabilidade social e o papel que desenvolven centros educativos coma o noso na construción dunha sociedade máis inclusiva. Rematan o correo dando as grazas pola nosa dedicación e esforzo e, por contribuír a que esta iniciativa fose un éxito e  agardando a nosa colaboración para futuras actividades e proxectos que axuden a promover o dereito de tódolos nenos, nenas e adolescentes a crecer en familia.

Distribuir contido


by Dr. Radut