Skip to Content

What can you do in the playground?

Para repasar o vocabulario que estamos aprendendo, os nenos e nenas de segundo e primeiro de primaria fixemos este vídeo contando cousas que podemos e non podemos facer as veces no patio do noso colexio. Non te perdas esta produción! Ademais quixemos incluír unhas divertidas tomas falsas. Non so aprendemos e practicamos o idioma, tamén fixemos de cineastas! Acción!

O noso cole... nas rotativas!!!

Como cada mes Voz Natura proponnos un novo reto. O mes de abril é a quenda do #RetoConcienciamos e nesta ocasión fomos noticia na Voz de Galicia! Non vos perdades a publicación! Podedes atopala no seguinte enlace:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2024/04/01/nuevo-mes-nuevo-ecorreto-participantes-voz-natura/0003_202404G1P24992.htm

#ECO-RETO CONCIENCIAMOS

Dende o noso centro cremos que é fundamental seguir impulsando as accións e a concienciación medioambiental, por este motivo, e dende que comezou o curso, non paramos!

Consideramos que a relación que temos as persoas coa natureza esixe cambios inmediatos que freen o dano que se está a ocasionar ao medio ambiente e ao noso planeta.

Conscientes de que o Nadal é unha data onde se consume moito e se mercan infinitos enfeites de Nadal decidimos crear adornos reciclados cos que puidemos decorar de forma sostíbel a nosa árbore de nadal.

En novembro da man de Tomás, axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e máis concretamente do Seprona, participamos nunha xornada formativa sobre Protección da Natureza.

Ademais participamos en proxectos como Pilabot, ou o Plan Proxecta, concretamente o de Recíclate con Sogama. Coa nosa participación nos mesmos pretendemos que o noso alumnado sexa unha parte activa na xestión dos refugallos e que os nosos nenos e nenas actúen como axentes dinamizadores das boas prácticas ambientais na súa contorna familiar e social.  

No centro temos convocado un concurso de fotografía medioambiental que está a resultar un éxito! Non só polo extraordinario material que estamos a recibir senón porque unhas actividades están a desencadear outras. Un exemplo é a familia do noso alumno Gael que aproveitou para recoller e reciclar o lixo que atopou namentres facía fotografías para o concurso. Non pode ser máis satisfactorio!

Os profes tamén aprendemos

Así é! Non solo os nenos e nenas aprenden cousas novas, senón que os profes tratamos de adquirir sempre novos coñecementos e aprender novas técnicas e metodoloxías para manternos actualizados e poder ofrecer o mellor ensino aos pequenos e pequenas. Por iso esta semana o noso equipo de POLOS CREATIVOS se estivo formando en novas ferramentas tecnolóxicas das que esperamos poder gozar moi pronto no cole.

EASTER EGG HUNT

Durante estas últimas semanas, nas áreas de Inglés e Arts estivemos traballando a  festividade anglosaxona de Easter, tal e como se celebra nos Estados Unidos. Para iso, ademais de facer varias manualidades relacionadas coa temática, tamén realizamos algunha das tradicións máis típicas desta celebración, como foi decorar ovos de pascua, preparar as nosas cestiñas, e rematamos o venres facendo unha EASTER EGG HUNT no patio do colexio. Así aprendemos a través da nosa vivencia, aspectos doutras culturas, e adquirimos de forma lúdica coñecementos sobre o idioma e as tradicións. Foi moi divertido!

What are you wearing?

The aim of this activity is to practice vocabulary about clothes through description.

Avaliación de Diagnóstico 2023-2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización de probas de avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. 

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Período de vacacións de Semana Santa

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades o período de vacacións de Semana Santa abrangue dende o LUNS 25 DE MARZO ATA O LUNS 1 DE ABRIL ámbolos dous incluídos, polo que as clases reanudaranse o vindeiro MARTES 2 DE ABRIL, no horario habitual.

As notas correspondentes ao 2º trimestre publicaranse en Abalar o venres 22 de marzo ás 16:00 horas.

Aniversario Xoel

Xa van cinco voltas arredor do Sol! Estes nenos medran sen parar!

O mércores, por fin, coa clase ao completo celebramos o aniversario de Xoel cunha artística tarta de plastilina con cinco veliñas alumeando que Xoel soprou con moita forza. Tamén inflamos globos e Xoel repartiu emocionado os caramelos entre os seus compañeiros e compañeiras. Parabéns Xoel!

Concurso de Fotografía Medioambiental

Con esta proposta o que queremos é que o alumnado xunto coas súas familias nos remita fotografías coa temática proposta. A fotografía deber ter carácter medioambiental e estar relacionada coa protección da flora e fauna autóctonas e debe contar cun slogan ou título. Valorarase a orixinalidade, o deseño e o contido. Haberá tres fotografías premiadas e un pequeno agasallo para tódolos/as participantes.

 

TEMÁTICA
Este concurso pretende ser un reflexo da nosa realidade actual, visibilizando a acción humana no medio ambiente, recoñecendo e valorando a creatividade a través da fotografía e favorecendo o contacto coa natureza. As fotografías deben ter carácter medioambiental e estar relacionadas coa protección da flora e fauna autóctonas deben contar un slogan ou título e o nome do autor/a.  

BASES
-Pode participar todo o alumnado do centro así como o resto da Comunidade Educativa.
-As fotografías deben ser necesariamente orixinais e inéditas.
-O número máximo de fotografías que pode presentar cada participante é de cinco (5).
-As imaxes poden ser en cor ou branco e negro.
-O feito de participar neste concurso autoriza a difundir, empregar, exhibir, publicar e imprimir calquera das fotografías presentadas.
-Haberá tres gañadores e un pequeno agasallo para tódolos participantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut