Skip to Content

Concurso de Fotografía Medioambiental

Con esta proposta o que queremos é que o alumnado xunto coas súas familias nos remita fotografías coa temática proposta. A fotografía deber ter carácter medioambiental e estar relacionada coa protección da flora e fauna autóctonas e debe contar cun slogan ou título. Valorarase a orixinalidade, o deseño e o contido. Haberá tres fotografías premiadas e un pequeno agasallo para tódolos/as participantes.

 

TEMÁTICA
Este concurso pretende ser un reflexo da nosa realidade actual, visibilizando a acción humana no medio ambiente, recoñecendo e valorando a creatividade a través da fotografía e favorecendo o contacto coa natureza. As fotografías deben ter carácter medioambiental e estar relacionadas coa protección da flora e fauna autóctonas deben contar un slogan ou título e o nome do autor/a.  

BASES
-Pode participar todo o alumnado do centro así como o resto da Comunidade Educativa.
-As fotografías deben ser necesariamente orixinais e inéditas.
-O número máximo de fotografías que pode presentar cada participante é de cinco (5).
-As imaxes poden ser en cor ou branco e negro.
-O feito de participar neste concurso autoriza a difundir, empregar, exhibir, publicar e imprimir calquera das fotografías presentadas.
-Haberá tres gañadores e un pequeno agasallo para tódolos participantes.


CONDICIÓNS DE ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS
-A imaxe debe remitirse a ceip.vendas.dabarreira@edu.xunta.gal en formato .jpg ou .png. No asunto debe indicarse: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL xunto co nome do autor/a e o título ou slogan. Ademais, debe entregarse no centro educativo en formato papel cos mesmos datos.



blog | by Dr. Radut