Skip to Content

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

Do 1 ao 4 de setembro en horario de 11:00 a 13:00h.

*Cómpre traer un bolígrafo para asinar a recollida do cheque.

COMEZO DAS CLASES E CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2020-2021

As clases comezarán o xoves 10 de setembro para 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación primaria.

O venres 11 de setembro para 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Calendario escolar

Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Venres 10/07/2020

Comunicámoslles que xa están publicadas as listaxes definitivas de fondo libros. 

Pola Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales e o protocolo de protección de datos da Xunta de Galicia non se poden publicar as listaxes na páxina web polo que poden consultarse:

-No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar (en horario de 10 a 13:30h a partir do 1 de setembro. 

-A través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

NON se facilitará información por teléfono. 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Luns 6/7/2020

Comunicámoslles que está publicada a listaxe provisional da ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS.

Pola Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales e o protocolo de protección de datos da Xunta de Galicia non se poden publicar as listaxes na páxina web polo que poden consultarse:

-No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar (en horario de 10 a 13:30h).

-A través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

NON se facilitará información por teléfono. 

 

MATRÍCULA

                           

Do 1 ao 10 de xullo, estará aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado. Para formalizar a matrícula tedes que pedir CITA PREVIA no  teléfono 988 42 50 38.

SOLICITUDES COMEDOR E TRANSPORTE 2020-2021

                                                        

RENOVACIÓN DE COMEDOR E TRANSPORTE

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 19 de xuño ao 29 de xuño

As familias que desexen renovar a praza de comedor/transporte deberán presentar a solicitude de renovación e a documentación requirida debidamente cumprimentada e no prazo indicado.  

Agradecemento ao Excelentísimo Concello de Riós

Dende a dirección do CEIP das Vendas da Barreira, quero agradecer ao Excelentísimo Concello de Riós o seu esforzo, traballo e colaboración durante todo o curso e en especial neste período de confinamento pois cada unha das peticións que se fixeron foron atendidas.

Todo o equipo docente valora todo o esforzo realizado por todas as persoas que se puxeron á nosa disposición para o que fose preciso. Fixérono de xeito altruísta por iso, queremos manifestar o noso agradecemento polo apoio prestado nestes momentos tan difíciles e de tanta incerteza.

Moitas grazas

CONVOCATORIA DE FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Presentarase, preferentemente por vía telemática (unha solicitude por cada fillo) ou presencial presentando UNHA ÚNICA SOLICITUDE no caso de ter máis dun fillo matriculado no centro.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

20 MAIO - 19 DE XUÑO

*Documentación necesaria:

-Impreso de solicitude debidamente cumprimentado (Anexo I e II).

-Fotocopia do libro de familia.

-En caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial.

Lembrade que para a entrega presencial de solicitudes debedes solicitar cita previa no tlfo. 988 42 50 38 (de 10:00h a 13:00h).

Distribuir contido


by Dr. Radut