Skip to Content

Miguel Hernández, vida e obra

Nesta presentación poderás coñecer un pouco da biografía e a obra deste poeta.(preme)

Letras Galegas 2010

 

   Clica para acceder ás actividades en liña     Clica para saberes algo máis do día das letras galegas 

Unha boa nova!

 

Uso da biblioteca polas tardes

Un gran poeta, Miguel Hernández

 

Lembramos a súa vida e os seus poemas para celebrar o centenario do seu nacemento ( 1910 en Orihuela, Alicante)

Libros, libros mil, no mes de abril

 

Moitas actividades para celebrar o "mes dos libros"

LOGO DO AUTISMO

 

As cores do autismo son o vermello, amarelo, azul claro e azul oscuro que forman parte do lazo para a concienciación do autismo.

Foi creado pola ASA (Autism Society of America).

O lazo ten o seguinte significado:

"O puzzle reflexa o misterio e a complexidade do espectro do autismo.

As diferentes cores e formas representan a diversidade de persoas e familias vivindo co autismo. 

O brillo do lazo é sinal de esperanza -  esperanza para que incremente a concienciación sobre o autismo, a investigación, a intervención temperá e os tratamentos adecuados."

Guía de TICS para as familias (pais e nais, "inmigrantes dixitais")

Os nosos fillos e fillas supérannos aos adultos en coñecemento da tecnoloxía dixital. Manexan móbiles, videoconsolas, ordenadores, webs,... con máis fluídez e aprenden a maior velocidade. Pero estes avances da tecnoloxía poden supoñer riscos que eles e elas non perciben; por iso deberiamos nós, os adultos, coñecelos tamén para protexelos e ensinarlles o uso máis adecuado. Esta sinxela guía pode axudarnos.

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

 

 

Hoxe, 2 de abril, conmemórase o nacemento do escritor H. C. Andersen.

AS NOSAS RIMAS

Como ven sendo habitual, na aula de AL procuramos participar nas actividades propostas ao Centro, adecuándoas aos nosos obxectivos, posibilidades e características.

Aquí vai unha pequena mostra das nosas rimas, adicadas ás "pequenas" ou grandes cousas que nos rodean.

 

      

 

 

 

CURSO DE TEL (Trastorno Específico da Linguaxe)

Para aquelas persoas que poidan estar interesadas, os vindeiros 17 e 24 de abril celebrarase, en A Coruña, un curso sobre o Trastorno Específico da Linguaxe (TEL). Máis información no tríptico adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut