Skip to Content

Encontro con Joan Manuel Gisbert

 

Esta semana tivemos un encontro co escritor Joan Manuel Gisbert, autor de literatura infantil cunha extensa obra publicada.(mais)

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2012

 

 

Donde los árboles cantan, libro premiado de Laura Gallego (máis)

 

 


Convivencias escolares

Hoxe, 31 de outubro, celebramos no CEIP A Ramallosa a primeira das convivencias que, como todos os anos, desenvolvemos os alumnos e alumnas de sexto xunto co CEIP da Igrexa-Calo e o CEIP dos Tilos. Foi divertido.

Compartimos as imaxes que recollimos durante a xornada.

Están expostas na nosa galería, á que podes acceder tamén dende aquí

 

Lecturas para o verán

 

Este verán á beira do mar,

un libro non pode faltar. (preme)

 

 

 

ROMERÍA 2012

  

   Fai uns días estabamos de romería. Hoxe lembrámolo clicando sobre a imaxe para ver as fotos.

 


LETRAS GALEGAS 2012

Clica sobre a imaxe para accederes ás actividades en liña sobre

Valentín Paz Andrade.

 


Un encontro con Anxo Fariña

 

 

O escritor Anxo Fariña visitounos para comentar o seu último libro, gañador do premio Merlín: "A chave da Atlántida" (máis)

 

 

 

 

 

 

CAMPAMENTOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Está aberto p prazo para solicitar os campamentos de inmersión lingüística que convoca a Consellería de Educación para o alumnado de 6º de primaria.

 

Clica aquí para veres a información 

Hoxe foi o día da visita de Xosé Neira Vilas ao noso colexio

 

Hoxe, 2 de marzo de 2012, visitounos o escritor Xosé Neira Vilas. Aínda que a súa visita estaba prevista para mediados de febreiro unha gripe inoportuna forzou un aprazamento.

Logo de ter traballado nas aulas sobre o seu libro "Memorias dun neno labrego", aproveitando o medio século dende que saíu por primeira vez da imprenta, hoxe poidemos escoitar ao seu autor os detalles persoais e literarios relacionados con esta obra e con outras moitas (máis de cincuenta).

Os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria tiveron a oportunidade de facerlle numerosas preguntas. A maioría das mesmas estiveron relacionadas moi directamente con "Memorias dun neno labrego" e as circunstancias que rodean a vida dun escritor.

Antes do acto tamén pasou un ratiño cos cativos/as de educación infantil, que desexaban coñecelo persoalmente.

Ao remate da charla o autor asinou libros para todos os alumnos e alumnas que llo demandaron.

Grazas D. Xosé. Esperamos poder disfrutar pronto de novas creacións da súa autoría.

Foi unha honra a súa visita, e un pracer escoitalo.

Neira Vilas durante a súa intervención

Contestando ás numerosas preguntas do alumnado

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

Cola para asinar librosAsinando

 

 

 

 

 

 

 

 

"Pizca de sal", nova colección

 

 

Chega á nosa biblioteca unha nova colección chamada "Pizca de sal" que combina a literatura e o s contidos de distintas materias do currículum.(máis)

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut