Skip to Content

DÍA DA CANDELORIA

" POLA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA"

O pasado 2 de febreiro, como cada ano, conmemorouse o Día da Candeloria, e nós non podíamos deixar pasar unha data que antaño foi moi significativa no calendario agrícola, mariñeiro e a nivel da natureza. Pois a partir desa data, comezaban os agricultores a preparar as terras para logo sementar de cara á primavera, os paxariños comezan a aparearse para logo ter descendencia aló nos inicios da primavera cando a natureza comeza de novo a brotar, logo do letargo do inverno, pois xa din varios refráns: " se a Candeloria ri, medio inverno está por vir, se a Candeloria chora, medio inverno vai fóra, rir ou chorar, medio inverno está por chegar"

Neste grupo, fixeron as súas creacións do casamento dos paxariños, na sesión de arte 

Blogue de Laura

Logo por parellas, deseñaron e crearon o seu paxaro. Cada par, escolleu e decidiu como queiran facelo. Estes paxariños están xa ambientando a nosa aula

 

E tamén dicirvos que andamos a traballar buscando información dalgunhas aves, acando rematemos a proposta xa a compartiremos

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut