Skip to Content

Responder ao comentario

COMEZAMOS XOGO

Boas,

como hoxe o día non está para seguir recollendo flores déixovos un par de ideas para facer as vosas propias.

 

Pintando flores. Na imaxe de abaixo vedes o paso a paso para que os nenos fagan os seus cadros de flores

usando como ferramenta un garfo e témpera líquida, as cores quedan á vosa elección. Estou segura de que se

lles deixades que pinten o tallo mollando o dedo na pintura, estarán máis que encantados

 

 

Flores de papel. Se non tedes témpera líquida na casa aquí vos deixo esta outra opción. Para ela podedes

utilizar folios de cores, papel reciclado de revistas ou agasallos, ou que sexan os propios nenos e nenas

os que lle den color ao ramo.

 

 

ATENTOS, HOXE COMEZAMOS UN XOGO NO QUE TODOS ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR!

Cada día irei colgando a foto dun dos nenos de pequenos (de máis pequenosSorriso) e abaixo en comentarios debedes por de quen cre a vosa

nena ou neno que é a imaxe. Aí van a foto de hoxe!

 

 

Os que aínda non enviástedes a foto recordade que debedes facelo ao correo susana@ramallosa.org 

SEGURO QUE AOS VOSOS

PEQUENOS LLES ENCANTARÁ VERSE DE BEBÉS NA PANTALLA DO ORDENADOR XUNTO CON OUTROS COMPAÑEIROS E

COMPAÑEIRAS, ASIQUE ESPERO AS VOSAS FOTOS

 

Responder



by Dr. Radut