Skip to Content

Mar ou montaña?

Durante este curso, varias aulas van participar no Proxecto de Paisaxe enmarcado dentro dos Plan Proxecta da Consellería de Educación.

Para comezar, recibimos unha carta do esqueleto Valentín explorador sen fín, no que nos comenta as súas aventuras. Polo momento, pediunos que reflexionemos sobre a paisaxe do cole e aquelas cousas que cambiaríamos para mellorala.

Aquí o tedes nalgunha das súas viaxes. E vós, que preferides: mar ou montaña?

Contacontos

Sabedes quen nos trouxo a este amiguiño para contarnos contos?

Vouvos dar unha pista...foi a nai dun compañeiro de 1º curso.

Preme na imaxe e poderás descubrilo

Dende aquí dámoslles as grazas por vir!!

Visita Correos

 

Alumnado de terceiro curso visitou a oficina de Correos de Palas de Rei para enviar unhas postais escritas por eles.

De seguro que, aqueles que a recibiron levaron unha enorme alegría ao atopala na súa caixa de correo!

 

Magosto e Día do Peón

O pasado  venres tivo lugar o VI Campionato de Peón no cole, noraboa a todo o alumnado participante!! Agora seguide practicando para o vindeiro curso!

Pero non só fixemos rodar os peóns tamén comemos unhas castañas para celebrar o magosto.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do momento.

 

Samaín

Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración!

Portas terroríficas!

Así de terroríficas lucían as portas do cole estes días de Samaín..uuuuh!

Preme na imaxe para velas polo miúdo

Comezamos!

E comezamos o curso do mellor xeito posible...con música!

O pasado venres a Banda de Música de Antas de Ulla sorprendeunos cun íncrible concerto. Graciñas!

E por suposto, o noso maior aplauso para a nosa profe Susana, que nos fai entusiasmar coa música!

 

Fin de curso 2017

Xogos, baile, maxia, monicreques e moita diversión para rematar o curso.

Boas vacacións!!!

Preme na imaxe para ver máis fotografías

Vilar de Donas

No día de hoxe, desprazámonos ata Vilar de Donas, os máis pequeniños en bus e os maiores camiñando. Alí, agardábanos unha fermosa paisaxe, moito xogo, unha riquísima comida e, por suposto, diversión cos nosos amigos e amigas.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Saída Granxa

Que mirarán estes peques cos seus prismáticos?

Preme na imaxe para saber máis

Distribuir contido


by Dr. Radut