Skip to Content

Día da Muller

Graciñas a todas as familias que nos axudastes a construír este enorme mural!

Un xeito máis, de conseguir que se visualice a importancia do traballo da muller.

Seguiremos camiñando cara a igualdade!

Coidamos a paisaxe

As nenas e os nenos da aula de 4 anos elaboraron un vídeo para darnos uns consellos e axudarlles a coidar a paisaxe.

Patrulla ecolóxica

Aquí tedes á PATRULLA ECOLÓXICA en acción! Cada día un neno ou nena de cada aula encárgase de supervisar e aconsellar sobre boas prácticas medioambientais

Pictogramas para coidar o planeta

A mestra de Audición e Linguaxe fixo estes pictogramas co seu alumnado para que non se nos esqueza coidar o planeta!

Deste xeito tan visual seguiremos adquirindo bos hábitos.

Abride a fiestra

Como cada 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Este curso sumámonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que leva por lema #AbrideAFiestra, que nos convida a pendurar das fiestras do cole un elemento representativo de Rosalía ou da súa obra.

Preme aquí para ver os nosos traballos

 

"Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.

Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar

...

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!"

María Reimóndez

Entroido 2018

Chocolatada, disfraces e baile para festexar o entroido.

Preme  na imaxe para ver máis fotografías.

Día da Paz 2018

"Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo" 

Estas palabras díxoas MALALA, unha nena que loita polos dereitos das persoas. Nun día coma o de hoxe quixemos rendirlle homenaxe elaborando este mural e, como non, poñéndolle un pouco de música.

 

Festival 2017

Velaquí un anaco do que foi o Festival.

Agardamos que o desfrutades tanto coma nós!

 

 

Saída Infantil

Queres descubrir a onde fomos de visita as nenas e os nenos de infantil?

Preme na imaxe e poderás descubrilo

Teatro contra a violencia de xénero

Na xornada de hoxe poidemos desfrutar do grupo Alentía Teatro, quenes representaron a obra "Carreiros de lectura", onde se xuntaron valores como o respecto, a igualdade, a empatía e a solidariedade.

A través de varias historias conseguimos descubrir que existe un mundo feliz... e sen présas!

Distribuir contido


by Dr. Radut