Skip to Content

O tempo de lecer na nosa Biblio

Xogar, construír, ler, respirar, debuxar, crear, imaxinar, escoitar… pero sobre todo, tempo para COMPARTIR. Todo isto nos ofrecen os espazos da nosa biblio! Agardámoste! 


Queres escoitarnos?

Novo proxecto de centro

 Iniciamos o curso cun novo proxecto.

Este mural recibíanos á entrada do cole.

 

Que será o que imos aprender?

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil dannos algunha pista, escoitade!

 

Traballando na terra

Hoxe, o alumnado de 3º de educación primaria achegouse ata a feira e traballou na horta do cole recollendo as patacas sementadas o curso pasado.Que boa colleita!

 

Tríptico informativo

Dende aquí,  podedes consultar o tríptico informativo para o curso 2024/2025.

Calendario escolar curso 2024/2025

 A Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, marca o inicio de actividade lectiva o día 11 de setembro de 2024.

Preme aquí para descargar o calendario.

Comezamos

Listaxe defenitiva axudas

A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º e 4º de educación primaria, está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 7 de maio de 2024, que non permite a súa publicación na páxina web.

Lembrade que os días 9 e 10  de xullo tedes que recoller os vales de axuda de material para TODO o alumnado de primaria (dende 1º a 6º de educación primaria)

Listaxe provisional axudas

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 4º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta principal do edificio, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 7 de maio de 2024, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (xoves e venres)

Na listaxe DEFINITIVA (luns 8 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.

 

Os vales para as axudas de libros de 1º e 2º de primaria, así como os vales de material para todo o alumnado de primaria podedes pasar a recollelos os días 9 e 10 de xullo, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

 

Transporte escolar

As familias do alumnado que xa teña asignada parada en cursos anteriores non é preciso que realice ningún trámite.

 

En base á Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares.

◄ Solicitude de modificación de itinerario e de introdución de novas paradas.

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2 km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

 

◄ Presentación  solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.

  1. Alumnado cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
  2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
  3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte a modificación das rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto
  • Que non precise a incorporación de acompañante

Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

Prazo de solicitude: 10 de xullo, incluído.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut