Skip to Content

No bosque

Gracias a Agustín, técnico de medio ambiente, pasamos unha xornada no máis interesante no bosque que temos preto do cole. Este obradoiro, no que participou todo o alumnado do centro organizado en catro grupos distintos, está enmarcado dentro do PDI "Capitán Planeta" e axudounos a observar a nosa contorna e a descubrir moitas das súas curiosidades: o ferreiriño e o seu canto, plantas que curan feridas, paxariños que "petan" nas árbores, chuvias de follas, setas que lanzan "peidos de lobo", froitos, sementes, cores, animaliños agochados... canto aprendemos e, que ben o pasamos!

Gracias, Agustín, por achegarnos un pouco máis á maxia dos nosos bosques e a querer coidalos!

Mirade as fotos da xornada dende aquí.

 

Atletismo

O alumnado de 4º de educación primaria visitou as pistas de atletismo da cidade de Lugo, onde puideron probar varias disciplinas!

Pasárono xenial, mirade!

Preparamos o 25 N

O alumnado de 4º e 5º de educación primaria particiou nun obradoiro, ofertado polo CIM, de creación de contos.Contos libres de estereotipos e de calquera xeito de violencia.

Os debuxos que crearon expuxéronse no corredor do cole, acompañados dun lazo violeta, na súa realización colaborou todo o alumnado do centro.

 

Teatro

Alentía teatro fíxonos desfrutar coa representación "A luz das candeas". Pequenas historias para reflexionar, que invitan a ser fortes, valentes, especiais, a cumprir os soños e a coidar as amizades.

Charla igualdade

Segunda sesión formativa da escola de nais e pais!

Hoxe, Pilar Porral falounos sobre igualdade. Invitounos a reflexionar sobre as súas causas, evolución... e ofreceunos unha serie de  claves a ter en conta para educar en igualdade aos nenos e nenas. 
Gracias por vir familias!

Podedes acceder ás pautas de igualdade premendo aquí.

Impacto mochilas

Compartimos un estudo recente sobre o impacto das mochilas nos problemas músculo esquelético dos rapaces e das rapazas.

Podedes velo con máis detalle premendo na imaxe.

Pazo de Vilane

As nenas e os nenos de 1º e 2º de educación primaria pasárono xenial e aprenderon un montón no Pazo Vilane.

Grazas á ANPA por organizar esta actividade, enmarcada dentro do proxecto "Da escola á granxa" e financiada pola Diputación.

Dende este enlace podedes ver máis fotografías do día.

 

Teatro

Imos ao teatro!

Charla igualdade

O vindeiro luns temos unha nova sesión formativa da Escola de nais e pais.

Agardámosvos!

Campionato de peón

Chegou o día do Campionato de peóns!

Sen dúbida, practicaron un montón para lanzar os peóns! Parabéns!

Accede a máis fotografías dende aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut