Skip to Content

Pautas educación emocional

Pilar Porral, de Coeduca, deixanos un resumo da sesión que realizaou sobre Educación Emocional para as familias.

Preme aquí para poder ler as pautas.

Contacontos polo Samaín

Cando veñen as familias ao cole créase un ambiente especial!

Canta ilusión por escoitar esas historias de meeedo que nos tiñan preparadas.

Grazas a moreas pola vosa participación, non deixades de sorprendernos.

Dende aquí podedes ver máis fotografías dos contacontos nas diferentes titorías.

Chegou o Samaín!

Baile, disfraces, túnel para entrar no cole, xantar terrorífico... que ben o pasamos polo Samaín!

Graciñas ás familias de educación infantil por crear casas encantadas, gorros de bruxa e mouchos, e tamén un agradecemento enorme ás familias de primaria que aportaron cabazas para poder decorar no cole... axudástesnos moooooito a crear un ambiente xenial!!

Ollade! Máis imaxes dende aquí.

Neste Samaín…

Recanto da biblio!

 

E recomendacións lectoras! 

Queremos vivir en paz.

As nenas e os nenos de 6º de Educación Infantil do cole de Palas envían unha mensaxe moi clara... non nos gustan as guerras!

A nosa mascota

Este curso realizaremos un PDI de centro que leva por nome "Capitán Planeta". Serviramos para profundizar sobre os elementos naturais. 

O primeiro paso, foi crear unha mascota. Para iso, todo o alumnado imaxinouna e... a través de debuxos déronlle vida!!  Aínda que resultou un traballo moi complicado, porque os debuxos eran fantásticos, escollemos unha que nos servirá de guía durante o proxecto.

Velaquí a tedes no mural inicial, que se irá completando a medida que avance o proxecto.

Dende este enlace podedes ver fotos de todos os debuxos, que agora adornan o corredor do cole. 

Muvicla

Hoxe, tocoulle o turno ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria que visitou MUVICLA, museo de maquinaria.

Moitas grazas a ANPA por organizar esta actividade, que está financiada pola Diputación.

 

Día das bibliotecas

Este curso o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia é "Unha biblioteca escolar en viñetas", e quere poñer o foco na importancia do cómic para a formación do itinerario lector, o cómic como un lugar para encontrarse. 
Nós tamén quixemos facer os nosos cómics nun mural que nos serviu para decorar o recuncho sobre este tema.

Mirade, mirade!

Charla Educación Emocional

Primeira sesión formativa da Escola de nais e pais da man de Pilar Porral (Coeduca) 

Hoxe, veu para falarnos sobre Educación Emocional e a súa importancia,  ofrecéndonos pautas para poñer en práctica cos nenos e nenas.

Graciñas familias por vir!  Seguimos! 

Froitos do outono

Chegou o outono e no cole estivemos recollendo froitos desta estación.

Distribuir contido


by Dr. Radut