Skip to Content

Charla acoso escolar

Charla

Grazas a ANPA, o alumnado de 5º e 6º asistiu a unha  charla de sensibilización e formación sobre a diversidade afectiva-sexual, familiar e a LGTBIfobia, fomentando a valoración das persoas, a igualdade de oportunidades e as relacións respectuosas e saudables fora de homofobia, lesbofobia e transfobia na contorna educativa.


Reserva praza

Ábrese o proceso de reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria matriculado no presente curso no Ceip Plurilingüe Palas de Rei e que, no vindeiro curso, pretende continuar os estudos no centro de adscrición “IES do Camiño” (Palas de Rei).

-Prazo de presentación das solicitudes: do 15 xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

-Lugar de entrega: Ceip Plurilingüe Palas de Rei.

Tamén se poden presentar as solicitudes a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou da Sede Electrónica. (Manual de usuario para as familias)

Lexislación aplicable: 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Fin de ano!

Rematamos o 2023 con moita festa!

Comezamos a mañá con obradoiros para cada ciclo, no que houbo tatuaxes, celebración dos cumples de infantil, bingos, baile, robótica, chapas... e moita, moita diversión!

Despois, todos xuntos, demos paso ao 2024 coa representación das doce badaladas e... bailamos sen parar.

Podedes ver máis imaxes dende aquí.

Tamén se fixo a entrega do premio aos gañadores do concurso de postais de Nadal organizado polo Concello.

Videoxogos educativos

Pilar Porral, de Coeduca, deixanos un listado de videoxogos educativos que podedes consultar dende este ENLACE.

Así como, un resumo da última charla formativa da escola de familias con pautas de videoxogos e redes sociais.

Podedes lelas premendo aquí.

 

Feliz 2024

Recomendacións lectoras

Queres descubrir as recomendacións lectoras de Daia para este Nadal?

Preme na imaxe!

Visita ao cine

Pasamos unha mañá xenial no cine "As Termas"

Podes ver máis fotografías premendo aquí.

Saída A Coruña

O alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria visitou o Acuario e a Casa das Ciencias na cidade de A Coruña.

Queres ver o ben que o pasaron? Preme aquí!

Charla videoxogos e redes sociais

Na tarde de hoxe, Pilar Porral ofreceu unha charla para familias sobre videoxogos e redes sociais, dando pautas para a prevención de adición, así como para facer un bo uso das mesmas.

Distribuir contido


by Dr. Radut