Skip to Content

No bosque

Gracias a Agustín, técnico de medio ambiente, pasamos unha xornada no máis interesante no bosque que temos preto do cole. Este obradoiro, no que participou todo o alumnado do centro organizado en catro grupos distintos, está enmarcado dentro do PDI "Capitán Planeta" e axudounos a observar a nosa contorna e a descubrir moitas das súas curiosidades: o ferreiriño e o seu canto, plantas que curan feridas, paxariños que "petan" nas árbores, chuvias de follas, setas que lanzan "peidos de lobo", froitos, sementes, cores, animaliños agochados... canto aprendemos e, que ben o pasamos!

Gracias, Agustín, por achegarnos un pouco máis á maxia dos nosos bosques e a querer coidalos!

Mirade as fotos da xornada dende aquí.

 



story | by Dr. Radut