Skip to Content

Abride a fiestra

Como cada 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Este curso sumámonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que leva por lema #AbrideAFiestra, que nos convida a pendurar das fiestras do cole un elemento representativo de Rosalía ou da súa obra.

Preme aquí para ver os nosos traballos

 

"Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.

Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar

...

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!"

María Reimóndez



story | by Dr. Radut