Skip to Content

SAÍDA A MARIÑA LUCENSE 3º CICLO

O pasado 10 de xuño,os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria, foron de excursión a Mariña Lucense. Pola mañá visitaron o Barco Museo en Burela,posteriormente acudiron a Fábrica de Xeo . Para rematar a sesión matinal, asistiron a Fábrica de Cerámica Sargadelos, que está sita no Cervo. Despois xantaron ó aire libre no "parque dos namorados". Pola tarde, visitaron o Museo do Mar en San Cibrao e a Lonxa de Burela, donde coñeceron o oficio das redeiras.

CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.

OS TRES PORQUIÑOS VISITAN A GARDERÍA

O Xoves 2 de xuño, o alumnado de 6º de Primaria ,reperesentaron na Gardería a obra "Os tres Porquiños". O rematar a función, agasallaron os cativos cun porquiño de goma eva. Queremos agradecer as mestras da gardería por deixarnos actuar e o mestre Suso por adicar un pouquiño de seu tempo a realizar esta obra.

Clicade na imaxe para acceder a galería.       

A FÁBRICA DE CONTOS "CATAPUM CHIN PUM"

    Hai uns días estiveron cos nenos e nenas de Infantil, A Fábrica de Contos de "Catapum chin pum". Trouxeron no seu saco un montón de contos fantásticos, como Caramuñas, O monstruo de Cores, A cebra Camila,etc. Pasaron un rato moi divertido.

CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER A GALERÍA       

EXCURSIÓN AO PORTO DA CORUÑA E O MUNCYT

    O pasado 2 de xuño o alumnado de 3º e 4º de Primaria poideron disfrutar dunha excursión a Coruña. Pola mañá visitaron  o Porto e a lonxa, onde viron as distintas clases de peixes, a sala de vixiancia onde se controla a totalidade do Porto, a zona onde atracan os trasatlánticos... e despois de xantar  preto da Torre de Hércules, desplazáronse ao MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia y Tecnología). Xa na instalación, os nenos e nenas portáronse moi ben, escoitaron atentámente a guía do museo, que lles explicou conceptos dos avións, robots, etc....

 CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOGRAFÍAS

OS TRES PORQUIÑOS

As nenas e nenos de sexto, coa axuda de Suso, representaron o conto dos Tres Porquiños para todo o alumnado do centro. Nos próximos días tamén representarán na gardería.

PREMEDE NA IMAXE SE QUEREDES VER MÁIS FOTOGRAFÍAS

ACOLLIDA AOS FUTUROS ALUMNOS DE 3 ANOS

O pasado 31 de maio as nenas e nenos que se incorporan o próximo curso viñeron a coñecer o centro, acompañados das súas familias. Visitaron a súa aula e o resto de instalacións e, finalmente, tomaron un pequeno aperitivo para irse con bo sabor de boca.

PREME SOBRE A IMAXE PARA VER AS FOTOGRAFÍAS

BENVIDA MARUCHI

As nenas e nenos de cinco anos tiveron a sorte de contar con Maruchi, unha antiga profesora do centro, para representar unha obra teatral. 

 

PREMEDE NA IMAXE SE QUEREDES VER AS FOTOGRAFÍAS

EXCURSIÓN Á FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

As nenas de nenos de Educación Infantil visitamos o pasado 20 de maio a Fortaleza de San Paio de Narla, onde coñecemos multitude de personaxes e historias dos contos. Posteriormente, comemos ao aire libre nas inmediacións da fortaleza.

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOGRAFÍAS

SEMANAS DAS LETRAS GALEGAS 2016

Para festexar este ano as Letras Galegas, fixemos distintos actos:

  •      Convivencia en Vilar de Donas , donde disfrutamos de xogos ó aire libre e dun xantar campestre. Os nenos de Educaicón Infantil, foron en autobús e os nenos de Educación Primaria ,fixeron un tramo a pé. Se queredes ver que ben o pasamos clicade na imaxe.

                                                                 

  •      Teatro: Os nenos e nenas que están en Alentía Teatro, represtaron distintas obras na Casa da Cultura e pasámolo xenial, estivo moi entretido. Podedes ver algunhas imaxes:                         

ACTUACIÓN ALENTÍA TEATRO

O pasado 25 de Abril ALENTÍA TEATRO presentóunos a súa nova obra "Universos de Fantasía".

Un espectáculo formado por tres contos: "Cincenta non quere comer perdices", "Titiriteiros con iniciativa" e " As tres plumas", onde se mestura a fantasía ,co humor e a tenrura.

Clicade na imaxe para ver as fotografías.

Distribuir contido


by Dr. Radut