Skip to Content

Circuítos eléctricos

Na aula de 5º de primaria crearon uns circuítos eléctricos para a materia de Ciencias Naturais!

A casa das árbores

As nenas e os nenos de 1º e 2º coñeceron a Anxo Moure, mirade, mirade!

Saída Burela

O alumnado de 3º e 4º de primaria viaxou a carón do mar.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

Sementamos árbores

Non quitedes ollo a este vídeo tan chulo das nenas e dos nenos da aula de 3 anos!

Seguide o seu exemplo e animádevos a sementar unha árbore...

Endangered Animals

Na aula de inglés, o alumnado de 3ª de primaria estivo a realizar un traballo cooperativo sobre especies en perigo de extinción na nosa comunidade e as paisaxes onde habitan. Do mesmo xeito, buscaron posibles solucións para recuperar estas especies e analizaron que podemos mellorar para coidar o medio e as paisaxes onde viven.

O resultado deste traballo de investigación son uns murais que están expostos no pasillo do cole. 

Non os podedes perder!

Preme aquí para ver máis imaxes do proceso

Un patio de cores

E así de colorido quedou o noso patio! O alumnado participante no Plan Proxecta, profesorado e familias  pintaron varias obras do pintor Leandro Lamas nas paredes do cole, onde  se aprecian distintas paisaxes, e a ti, cal che gusta máis?

Preme aquí para ver máis fotografías

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Carteis das árbores

Non deixedes de dar unha voltiña estes días polos xardíns do cole e veredes uns carteis para saber máis sobre algunhas das árbores do cole. Aquí tedes ás nenas e aos nenos de 4 anos e de 3º de primaria colocándoos, encántanos a nosa paisaxe!

A festa no faiado

Un grupo de nenas e nenos de 3º de primaria prepararon unha obra de teatro adaptando o conto de María Victoria Moreno "A festa no faiado"

Representárona na biblioteca para os máis peques do cole...como nos gustou!

Un cachiño de bica

Ollade este video conto feito polos nenos e nenas de 2º de primaria en homenaxe a María Victoria Moreno.

O Maio

Como ven sendo tradicional no cole, o pasado día 16 de maio, achegámonos ata Vilar de Donas para pasar unha xornada de xogo, música e convivencia para conmemorar o Día das Letras Galegas

Aproveitamos a ocasión para construír un maio ben fermoso e florido con elementos naturais que nos ofrece a paisaxe primaveral.

Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración aportando flores, laranxas,...

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS IMAXES

Distribuir contido


by Dr. Radut