Skip to Content

Paisaxes de conto

Así de colorida quedou a nosa biblioteca cos nosos debuxos de PAISAXES dos contos que máis nos gustan

Adiós ríos, adiós fontes

Adiós ríos, adiós fontes ilustrado polo alumnado de segundo de primaria.

Pintamos o cole

Familias, alumnado e profesorado participante no proxecto de paisaxe puxémonos mans á pintura para transformar o noso cole e enchelo de cor, sen dúbida estase a convertir nun verdadeiro recanto con encanto!

Isto ten moi boa pinta!

Preme na imaxe para ver como está quedando...

Teatro

UN PLANETA LITERATIO MÁXICO foi a obra que representaron hoxe na Casa da Cultura as nosas compañeiras e compañeiros do grupo de teatro. Encantounos!!

Preme aquí para ver máis imaxes

Plano do cole

As nenas e os nenos da aula de 4 anos coñeceron un pouco máis sobre a distribución da paisaxe a través do plano, e incluso se animaron a debuxalo...preme aquí se queres velo

Un pouco de música

Aquí vos deixo uns vídeos que realizou o profe de música Juan Carlos. 

Subide o volume e...a desfrutar da música 

Día da árbore

O pasado 23 de marzo sementamos unha nova árbore no cole: o salgueiro Xúpiter. Agardamos que medre mooooito!

 

Coidamos o planeta

Hoxe, unha morea de defensoras e defensores do planeta invadiron as rúas de Palas. 

O seu propósito? Concienciar a toda a poboación sobre a importancia do coidado do planeta e da paisaxe.

Para isto, o alumnado de Educación Infantil realizou uns carteis con imaxes sobre o tema e pegáronos na Casa da Cultura e no Concello, onde os recibiu o alcalde para escoitalos e ver o que plasmaron nos seus debuxos.

Agora só nos queda tomar exemplo destes nenos e nenas e poñer en práctica os seus consellos!

Preme aquí para ver máis fotografías

 

Velaquí os carteis:

 

 

Recantos con encanto

Recantos con encanto é o título do proxecto sobre a paisaxe no que participan algunhas aulas cole...

E se falamos de recantos con encanto...aquí, en Palas de Rei, temos un montón!! Para mostra, todas estas fotografías que aportaron as familias do alumnado e nas que podemos aprenciar como o noso entorno se foi modificando co paso do tempo. 

GRAZAS a todas as familias pola vosa colaboración!!

Saída Casa do Patrón

O alumnado de Educación Infantil visitou a Casa do Patrón en Lalín.

Preme na imaxe para saber máis

Distribuir contido


by Dr. Radut