Hora de ler

Lendo a Ricardo Carvalho Calero

Lendo a Ricardo Carvalho Calero autor homanaxeado nas Letras Galegas do ano 2020.

O cazo de Lorenzo

Ao longo deste trimestre o alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou o conto de “O cazo de Lorenzo” no que a súa autora, Isabelle Carrier, tenta transmitirnos, con tenrura, agarimo e de xeito próximo, a historia dun rapaz chamado Lorenzo, que ten que arrastrar unha pota vermella, sempre ao seu carón. Ás veces a pota dálle certas dificultades e desafíos na vida que, grazas á axuda dalgunhas persoas amables, aprende a superalo aos poucos. Tendo, deste xeito, que atopar onde antes só vía aspectos negativos, os aspectos positivos da vida.

Quizais, a principal moral que se esconde entre as súas letras é que as persoas con discapacidade, que neste caso simula a cazola vermella, non teñan que querer desfacerse dela, é dicir, non teñen que velo como un estorbo. É certo que, ás veces, impide unha vida normal, pero é moito mellor, sobre todo para si mesmos e as súas familias, se intentan levala creativamente en vez de crear unha loita continua, aínda que non sempre é tan sinxelo, como Lorenzo Acaba levando a súa cacerola vermella nunha bolsa, o que lle permite superar os obstáculos cos que se atopou anteriormente dun xeito menos complicado. Se dedicamos o suficiente tempo para ver a discapacidade como o contrario, é dicir, como algo intrínseco á propia persoa, será moito máis doado para nós axudar aos que conviven con eles na súa adaptación e inclusión no mundo actual. E ademais, probablemente terán unha autoestima máis alta que lles permita, igualmente, levar unha vida plena e feliz.

Por que a discapacidade adoita asociarse a algo negativo? Por que cremos, dun xeito estereotipado, que as persoas con discapacidade non poden ou poden, pero dun xeito máis difícil, facer o mesmo que outras? Como ben explica a historia, os forasteiros a miúdo ven só a pota vermella que leva Lorenzo, e esta é información suficiente para crear equívocos. Creo que aos que non coñecen de cerca este mundo, botan de menos algo extraordinario e paga a pena exploralo porque descubrirían aquí cousas inimaxinables.

Libros que van e veñen 2020/2021

Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde  a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade.

Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias.

BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!!

 

Lecturas recomendadas para o verán

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras que Leo vos fai para este verán. Podédelas conseguir, sen problema, en calquera das librarías do noso entorno.

Ánimo e que teñades un bo verán lector.

Hora de ler en 4º de Ed. Primaria

A hora de ler realizouse todos os días de 12:00 a 12:20 sendo os mestres encargados son: Mª del Carmen Aldemira e Noberto Dorrío.

E tomáronse como obxectivos os seguintes:

  • Ler diferentes tipos de textos (cómic, poesía, narrativa) de maneira fluída coidando o ritmo, a entoación e a articulación.
  • Realizar unha lectura comprensiva, sendo capaces de deducir a mensaxe do texto.
  • Desenvolver o gusto pola lectura, fomentando o uso das bibliotecas do centro e de aula, así como o préstamo de libros.
  • Mellorar a velocidade lectora.
  • Tomar conciencia das regras básicas de ortografía e do seu correcto uso.
  • Ampliación do vocabulario.

E como actividades:

  • Explicación ou busca no dicionario das palabras que non saben o seu significado.
  • Realización individuais e colectivas de contos coas palabras aprendidas.
  • Realización de debuxos sobre os textos lidos.
  • Comentario dos textos.
  • Utilización das Tic.
  • Creación propia de poemas.
  • Creación propia de obras teatrais.

TEXTOS TRABALLADOS

  • O dente de Clara (Ana Expósito Valle) Edt. Tambre
  • Problemas de dinosaurios (King-Smith, Dick) Ed. SM
  • Poesía : Poemas para leer a Troche y Moche de José L. Ferris

Actividades realizadas

  • Comentarios de palabras novas.
  • Busca no dicionario.
  • Debuxos do texto ou poema.
  • Creación de guións de obras de teatro.
  • Xogos coas rimas.
  • Creación de poemas.
  • Móbiles con personaxes dun conto

Debido ao sucedido neste curso, no mes de marzo, quedaron actividades sen facer e textos sen ler. Pero, así a todo, durante parte do confinamento o alumnado continuou realizando a hora de ler.

  • Traballamos co libro " O Castiñeiro dos Desexos" de Xosé A. Perozo

A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado, independentemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprensión lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula.

Hora de ler en 1º de Ed. Primaria

Como no resto dos cursos do cole, este ano continuamos realizando a Hora de ler todos os días de 12:00 a 12:20.

A configuración da hora de ler estivo deseñada os luns e martes por Dna. Ana Baranda e os mércores, xoves e venres polos titores do curso.

Ao principio do curso adicamos algunha sesión a coñecer a biblioteca, os usos e normas que a rexen e o préstamo así como a recoñecer os elementos do libro: autor,título, ilustrador..etc.

Na clase traballamos a lectura empregando libros de lectura en galego e castelán, sempre tendo en conta o grao de dificultade das lectura e a capacidade de comprensión lectora que tiñan os nenos e nenas nese momento. Traballouse  tanto a lectura individual como a colectiva.

Os obxectivos perseguidos foron os seguintes:

  • Mellorar a capacidade de lectura a fluidez,a velocidade e a comprensión lectora.
  • Ampliar o vocabulario.
  • Traballar a comprensión lectora.
  • Traballar a expresión dramática.
  • Traballar a expresión plástica.
  • Traballar a lectura expresiva de diferentes tipos de textos (poesía,teatro..).
  • Traballar a lectura de maneira individual e colectiva.

Para a súa consecución realizamos as seguintes actividades:

  • Lectura de libros propostos propostos polo mestre e adaptados ao nivel lector do alumnado.
  • Actividades de comprensión lectora.
  • Actividades de expresión plástica sobre algunhas das lecturas propostas.
  • Memorización de poemas.

Traballamos lecturas que nos axudadron a coñecer e comunicar os nosos sentimentos e a respectar os sentimentos dos demais en relación ao PDI que se desenvolveu desde a biblioteca. Por iso, dedicamos o curso a traballar os valores e emocións, polo tanto os libros escollidos terán en conta esta temática.

Durante o estado de alarma continuamos traballando a lectura desde as casas de forma individual como se pode ver na seguinte entrada:

Ademais das actividades comentadas, tamén participamos nas actividades organizadas desde a biblioteca como pode ser a mochila viaxeira, contacontos, animación á lectura...

Hora de ler en Ed. Infantil

Ao longo do curso 2019/2020 e ata a declaración do estado de alarma realizamos a Hora de ler co alumnado de Ed. Infantil todos os días da semana en sesións de 20 minutos. Con esta actividade perseguimos alcanzar os seguintes obxectivos:

  • Estimular o interese pola lectura.
  • Favorecer o desenrolo da creatividades, atención e linguaxe.

Para consiguilo, realizamos distintas actividades lectoras, entre as que destacamos:

  • Comezamos lendo o conto o mesmo tempo que verán e tocarán as ilustracións con moito coidado.
  • Inventar outro títulos relacionados co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista e outras personaxes do conto.
  • Debuxos relacionados cos contos.
  • Describir as personaxes do conto.
  • Contar o conto coas súas propias palabras
  • Inventar  historias diferentes con esas personaxes
  • Memorizar o conto “O casamento do piollo e a pulga”.
  • Representalo na aula.
  • Elaborar o vestiario implicándoos a eles, picando, recortando, pintando….
  • Representalo o día do Festival de Nadal do Colexio.

 

Distribuir contido