Skip to Content

2013/14

Premios "Ourense sabe acoller"

O mércores, 18 de decembro, o alumnado de 3º ciclo foi á aula de cultura de Novacaixagalicia situada na Alameda co motivo da súa participación na actividade organizada polo concello “Ourense sabe acoller”.

En primeiro lugar tivo lugar a proxección dunha película relacionada co tema chamada: “Baixo a mesma lúa”. Logo diso  presentouse o acto formalmente  e procedeuse á entrega de premios.No noso colexio tivemos dous gañadores:

  • Luis Chacón Lucas, de 5º
  • Nerea Silva Álvarez, de 5º

Parece que os premios foron do agrado dos nosos rapaces.

Parabéns polo traballo realizado!

A continuación podedes ver as fotos do eventos. Para ver todas, debes ir á galería fotográfica.

Premio a un alumno do colexio

O Concello de Ourense cada ano convoca un concurso de postais. Esta vez participaron os nenos e nenas de infantil. Quedou demostrado que temos uns artistas no noso colexio, pois unha vez máis o premiado saiu das nosas aulas.

O 18 de decembro veu unha representación do Concello ao noso centro para facer entrega ao gañador do concurso cun estupendo premio.

A postal gañadora foi creada polo neno de infantil de 3 anos:

  • Diego Urbina Estrada

Ademais do agasallo para el, a súa postal foi a que empregou o Concello para felicitar as festas de Nadal.

 


 

 

Entrega de premio aos gañadores do concurso sobre a Constitución

O día 6 de decembro, no Auditorio de Ourense, entregáronse os premios aos gañadores e gañadoras do concurso sobre  a Constitución que se convoca tódolos anos. No noso centro, CEIP Manuel Sueiro, tivemos a sorte de contar con catro gañadores, como xa se informou fai uns días nesta páxina web. Noraboa a todos/as !

 

Aquí deixamos as obras mestras do noso alumnado! A continuación podedes ver as fotos que saíron no periódico La Región sobre o acto.

 

 

 

(Fonte: La Región)

 

(Fonte: La Región)

Gañadoras do Concurso da Constitución 2013

 

 

 

 

Queremos dar a noraboa ás alumnas  do noso centro que resultaron gañadoras do Concurso da Constitución 2013:

  • Catalina Alonso Fuente,  de EI de 4 anos.
  • Inés Dopazo González, de EI de 5 anos.
  • Nerea Silva Álvarez, de 5º EP
  • Lucas López Randolfe, de 6º EP

 

 

Felicitar ás mestras de plástica, Ana Mª Carballo Martínez e María Pilar Carballo Martínez polo traballo realizado.

Imos ao cine

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria acudiu ao Auditorio, dentro das actividades para escolares do 18º Festival de Cine, a unha xornada didáctica na que se ensinou aos alumnos e alumnas o proceso de realización dunha película en stop-motion coa mostra do making of e a proxección da película "O Apóstolo" dirixida por Fernando Cortizo que estivo presente nesta actividade.

Sinopse da película: un preso que acaba de fuxir do cárcere tentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.

Que ben o pasamos no magosto!

O día 8 de novembro celebrouse o magosto no noso colexio, o CEIP Manuel Sueiro.

Seguindo coa tradición, comemos uns bolos preñados que estaban moi ricos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A continuación, gardamos cola para probar a bica que tamén estaba moi sabrosa e... enchémonos de castañas!

 

 

Xa coa barriga ben chea, participamos nuns xogos que nos prepararon os mestres/as.


 

O centro agradece á empresa de cátering que leva o servizo de comedor os bolos preñados e a bica - que degustamos todos- non só os usuarios habituais de comedor.

Así mesmo dar as grazas á ANPA que participou activamente no magosto  e que achegou as castañas asadas.

 

PARA VER A GALERÍA DE FOTOS, CLICA AQUI.

 

Obradoiro de danza contemporánea para 5ºEP :"En escea"

Os nenos e nenas de 5º EP foron o día 07-11-2013 ao Auditorio para participar nun actividades chamada: "En escena".

Comezou cunha breve explicación sobre os principios da danza, a continuación puideron gozar con dous dúos de danza contemporánea ("Caracola" e "Mareia") e finalmente participaron nun obradoiro no que se involucraron de forma activa.

Para ver as fotos da actividades, vai á galería clicando aquí.

 

Celebramos o magosto

O venres, 8 de novembro, celebraremos o magosto no colexio. Como marca a tradición xuntarémonos todos no patio e degustaremos uns bolos preñados, unha rica bica e como non: moitas castañas. Pasarémolo moi ben porque para amenizar a xornada haberá xogos populares. Nuns días poderedes ver na galería de fotos como transcurriu a xornada.

 

Concerto didáctico Son+D2

O pasado luns, 21 de outubro, o alumnado de 4º curso asistiu a unha actividade musical no Auditorio de Ourense. Enmárcase dentro da oferta que o Concello ofrece  e que se pode consultar na súa páxina http://www.educacionourense.com/.

A actividade, Concerto didáctico Son+D", foi todo un éxito. O alumnado pasouno xenial!!

NADAL 2012 NO COLE

VISITÁRONNOS OS REIS MAGOS

Recibimos ás SS MM os Reis Magos de Oriente, no lugar máis entrañable que lles podíamos ofrecer: NA BIBLIOTECA. Alí fixeron as delicias dos nenos e nenas do noso fermoso cole, MANUEL SUEIRO.

As SS. MM. repartiron bicos,  apertas, e fixeron entrega dun agasallo a cada neno/a.

Para celebrar o EVENTO, houbo chocolate con churros, magdalenas, zumos... E tamén se comeu BICA, por xentileza de ALEJANDRO E IVÁN/DAVID.GRACIAS AMIGOS ESTABA BOÍSIMA, NON PERDADES O COSTUME.

 

 

... E DESPOIS DO CHOCOLATE, OLLADE A NOSA CAPACIDADE DE INTERPRETACIÓN A TRAVÉS DAS FOTOS E UNHA PEQUENA MOSTRA DE VÍDEO:


Distribuir contido


by Dr. Radut