Skip to Content

Imos ao cine

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria acudiu ao Auditorio, dentro das actividades para escolares do 18º Festival de Cine, a unha xornada didáctica na que se ensinou aos alumnos e alumnas o proceso de realización dunha película en stop-motion coa mostra do making of e a proxección da película "O Apóstolo" dirixida por Fernando Cortizo que estivo presente nesta actividade.

Sinopse da película: un preso que acaba de fuxir do cárcere tentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.



page | by Dr. Radut