Skip to Content

Ed. infantil

Hora de ler en Ed. Infantil no curso 2021/2022

Neste curso 2021-2022  desfrutamos da lectura dun montón de contos con valores que traballamos con conciencia individual e de grupo, sobre todo as emocións e os sentimentos, en sesións de 20 minutos despois  do recreo e dunha pequena relaxación. En moitas ocasións a lectura do conto necesitaba dúas ou tres sesións, contando coas actividades que as acompañaban.

  • MONSTRUO DE COLORES de Ana Llenas , ED. Flamboyant.
  • El MONSTRUO DE COLORES VA AL COLE de Ana LLENAS
  • MONSTRUO ROSA. De Olga de Dios
  • RANA DE TRES OJOS De Olga de Dios
  • PÁJARO AMARILLO De Olga de Dios
  • UNA RICA MERIENDA ED. ANAYA. De Rocío Antón y Lola Núñez. De la colección, Y...ÉRASE OTRA VEZ.
  • EL HADA AGUA Y JABÓN, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • AYUDEMOS A CENICIENTA, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • A COLMEA. Petra Bartikova. BAÍA EDICIÓNS.
  • EL CICLO DE LA MIEL. ED. EVEREST Cristina Quental Marina Magalhaes.
  • A QUE SABE UN BESO De Olga de Dios.
  • ¿TE ABURRES MINIMONI? De Olga de Dios.
  • UNA EIRUGA MOI LARPEIRA. Erick carle . ed KÓKINOS.
  • 1,2,3 A CONTAR CACAS. GÉRALDINE COLLET. ÉRIC GASTÉ. Ed. CUBILETE.
  • Wangari y los árboles de la Paz. JEANETTE WINTER. EDICIONES EKARÉ.
  • Chivos Chivones. Texto de Bata. Kalandraka
  • A ovella que chocou un ovo. Gemma Merino. Picarona.
  • El conejo blanco. Bata. Kalandraka.
  • Chocolata. Marisa Núñez y Helga Bansch. OQO editora.
  • Hasta que podamos abrazarnos. Eoin McLaughlin y Polly Dunbar. Algar.
  • El lapicero mágico. Luis Amavisca. Nubeocho.
  • El Abejoso. Nadia Shireen. Ed. Cubilete.
  • Pingüino azul. Petr Horácek. Juventud.

Os obxectivos que pretendemos conseguir son os seguintes:

  • Aproximación a lectura de diversos contos coa temática dos nosos proxectos, e potenciando o traballo dos valores, dentro da aula, e na súa vida.
  • Motivar e estimular os nenos pola lectura  .
  • Desenvolvemento da creatividade, atención e linguaxe.

Para conseguilo realizamos diferentes actividades, entre as que destacamos:

  • Comezamos lendo o conto e ensinando as ilustracións .
  • Inventaron títulos relacionados co conto.
  • Imaxinaron ós protagonistas e outras personaxes do conto.
  • Fixeron  debuxos relacionados co conto.
  • Algúns contos sobre, todo os relacionados con educación emocional inventábanlle un título e entre todos escollían un .
  • Memorizaron  algunhas poesía , adiviñas  , e coplas  para recitalas na clase cada neno e nena aos demais compañeiros e compañeiras.
  • Elixiron  o seu conto favorito .
  • Pintaron e decoraron debuxos con materiais de reciclaxe, e reutilizando materiais do colexio que xa non servían.
  • Fixeron unha árbore en forma de símbolo da Paz e decorárono con pombas, recortadas por eles.
  • Fixemos pequenos proxectos documentais.

Día da familia

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano para concienciar sobre o papel fundamental das familias na educación dos nenos desde a primeira infancia, e as oportunidades de aprendizaxe permanente que existen para os nenos e nenas.

O alumnado de Educación infantil, ao longo da semana, estivo decorando con moita ilusión unhas bolsas de tea para levar de agasallo ás súas familias.

Reinterpretando a obra de artistas ourensáns

 

Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio.

Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos.

Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!!

Hora de ler 5º de Ed. Infantil

Ao longo do curso 2021/2022, os nenos e nenas de 5º Educación Infantil, os luns e os martes tiveron 20 minutos da hora de ler moi especiais.

Os Obxectivos marcados foron:

  • Inculcar aos alumnos un interese pola lectura dende idades moi tempranas.
  • Facer da lectura un elemento de goce persoal para o alumno.
  • Ofrecer aos alumnos actividades iniciais na lectura e baixo un prisma lúdico.
  • Ampliar o vocabulario a través do conto.
  • Desenvolver a creatividade e a imaxinación nos nenos e nenas.

Traballamos co libro “Cuentos para contar e interpretar” da editorial GRAFALCO e podemos ler diferentes tipos de conto:

  • Cuentos de siempre
  • Cuentos de animales
  • Cuentos para asustar
  • Cuentos de misterios e enigmas
  • Leyendas famosas
  • Cuentos para reir

Para axudar a que os nenos mostrasen máis interese, estivesen máis motivados e prestasen máis atención ao tempo de ler, usarmos un monicreque á que eles  puxeron nome o primeiro día: “Luna”. Luna foi a encargada de contar os contos aos nenos e nenas. Ademais fixeron moitas actividades relacionadas cos contos lidos: dramatizaron algún conto, colorearon debuxos dalgún conto, viron algunha película e algúns deles fixeron o seu propio conto usando o monicreque para contalo.

Foi un tempo moi bo onde os nenas e nenos puideron desenvolver a súa creatividade, aprendendo se darse conta e facilitando a comunicación verbal e non verbal entre eles, ademais de axudarles a manter a súa atención en unha mesma actividade por un tempo determinado.

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Vialín

O 13 de maio, visitou o noso centro o obradoiro Vialín, autoescola para peques, foi unha divertida actividade sobre educación viaria da Concellería de Educación de Ourense, na que tivo o privilexio de participar o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria un ano.

Neste obradoiro  ensináronnos como cruzar os pasos de peóns, como comportarnos cando imos pola cidade, semáforos, sinais de tráfico...xogando a ser peóns, aprendemos a movernos pola cidade respectando os sinais e normas de tráfico.

Pasámolo xenial!!

Os superrecicladores do Sueiro

Partimos da colección “Nuestro Planeta está en peligro” que consta de tres contos: “Nanook aventura en el Ártico”, “Toco la selva herida”  e “Sathu un paraíso inundado”. Tres historias para sensibilizar aos  nenos e nenas dos grandes problemas ecolóxicos actuais.

Traballamos cada trimestre un conto,  facendo debuxos sobre cada un , preguntas sobre cada conto que se desenvolvía en paisaxes e ambientes moi distintos.

A continuación resumimos as principais actividades realizadas ao longo do curso sobre este proxecto:

  • Cada clase de infantil elaborou unha árbore reciclando caixas  de cartón , que vai cambiando segundo a estación.
  • Primeiro foi un castiñeiro decorado con follas e castañas ,durante o inverno con luvas e copos de neve,  e agora e unha árbore con flores  de primavera que pintaron eles.
  • Elaboraron contenedores  con  caixas de cartón  pintándoas con distintas cores para reciclar as merendas que  traen o cole.
  • Aproveitando a festividade do Samaín fixeron monstruos e cabazas reciclando bricks de leite, e botella de plástico de auga.
  • O Magosto celebrouse facendo xogos populares  e os de infantil ademais de participar  fixeron un tragacastañas  cunha caixa de zapatos.
  • Memorizaron a canción “Reducir, reciclar e Reutilizar” e gravamos un vídeo bailando e cantando todos os nenos e nenas de infantil, có símbolo da reciclaxe na cabeza .
  • Para Nadal fixemos  adornos para a árbore  recortando e pintando  caixas de cartón en forma de bola ca súa fotografía dentro  que cada neno levou para súa casa cos traballos do primeiro trimestre.
  • Aproveitamos tamén o día da Paz para traballar o conto de "Wangari y los árboles de La Paz” que foi un dos seus contos favoritos  e fixeron debuxos  sobre o conto. Máquina de sumar
  • Para o entroido participaron recortando algunhas pezas do disfraz  mais sinxelas que puidemos aproveitar con cachiños de goma Eva e outros materiais sobrantes de outros traballos e cursos inclusive, tamén decoramos as aulas cos anacos sobrantes do noso disfraz e fixemos antefaces con cartóns que re utilizamos do material do cole.
  • Construímos sementeiros con distintas sementes e landras da sobreira que está o lado do Colexio e que recollían cando facíamos o “Móvete 15” ao redor do Colexio.
  • Construíron instrumentos musicais, con  materiais de desfeito como ovos kínder e rolos de papel hixiénico, e papeis de diversas texturas.
  • Ademais para a primavera usando os rolos do papel hixiénico, fixemos flores pintadas de diversas cores, e ca súa foto para decorar a árbore do tempo. Unha colmea con panais, feito con unha caixa de cartón e diversos anacos de cartóns que re utilizamos, para traballar o proxecto do coñecemento do mundo das abellas, e para a actividade de traballar o coñecemento dos pintores ourensáns, no que fixemos as súas obras de arte, con cartóns, papeis de refugallo, pólas de árbores, carrabouxos, etc...
  • Construindo flores para as abellas
  • Por último, tamén realizamos un proxecto de investigación sobre as abellas.

 Traballo do alumnado de 5º Ed. Infantil

 Traballos do alumnado de 6º de Ed. Infantil

 

Obradoiro sobre as abellas

O 11 de maio apicultor José Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellas no que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.

O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea `por dentro, manipular con distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…

Pasámolo xenial ao temo que aprendemos cousas novas!

A primavera

O dous de maio os pequenos e pequenas de 3, 4 e 5 anos aprendemos como nacen as flores na primavera... e que o sol, a auga e a terra son moi importantes para ter unha fonte chea de flores de cores.

Fixemos dous experimentos, un para ver florecer margaridas con auga de cores, e outro coa nosa árbore do tempo, cada neno regou a súa flor e pouco a pouco abriuse a flor oculta.

Aprendemos moito e divertímonos moito máis.

Visita á biblioteca da Ponte

 O 27 de abril o alumnado de Ed. Infantil visitou a biblioteca municipal do barrio da Ponte.

Distribuir contido


by Dr. Radut