Skip to Content

6º Curso

Obradoiro de Saúde bocudental

O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental,  no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.

Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo.

Apadriñamento lector. Día do libro 2023

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

 

Horta escolar 2023

No curso escolar 2022-2023, despois do éxito de cultivar a horta no CIFP Portovello e intentando que todo o alumnado do colexio poida plantar os seus produtos, decidimos facer 4 pequenas hortas.

Nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido neste curso:

EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
CIFP PORTOVELLO  
 

Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 parcelas para que todo o alumnado poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.

Os pasos que demos foron os seguintes:

DESEÑO

  • Buscamos o lugar máis soleado e máis resgardado para que o cultivo sexa o máis produtivo posible.
  • Pensamos e deseñamos o tamaño e cantidade de bancais. Neste caso 4 bancais: 1 para o alumnado de Educación Infantil, 1 para o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria, 1 para o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria e 1 para o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria. O tamaño é de 1 metro de ancho por 4 metros de longo e 0.25 metros de alto cun volume de 1 metro cúbico por bancal.  
  • Marcar o lugar con cordeis.

CONSTRUCIÓN

  • Retirada de herbas e facer rego para atopar o firme e así poder asentar o bloque.
  • Colocación do bloque.
  • Cubrir de terra para o cultivo.

Nas últimas semanas de abril o alumnado das diferentes aulas comezou a plantar na súa horta produtos como: leitugas, coles, cabazas, framboesas, pepinos, cenorias, tomates,...

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, ademais de cultivar a nosa horta escolar, seguimos colaborando co mantemento da horta situado no CIFP Portovello.


 DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS DA NOSA HORTA


 

As tormentas do mes de maio e xuño fixeron estragos na nosa colleita.

Ti si que es un bo peixe

O 19 de abril realizamos na aula de psicomotricidade o  obradoiro Ti si que es un bo peixe, incluído dentro do programa aliméntate ben que vai percorrendo centros de nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.

Esta actividade completarémola o próximo 11 de maio coa excursión ao porto de Vigo onde coñeceremos de primeira man este marabilloso mundo do mar e poderemos degustar algúns de ditos productos.


OBRADOIRO DE ED. INFANTIL E 1º DE ED. PRIMARIA



 OBRADOIRO DE 2º a 6º DE E. PRIMARIA


 

Creando un lapbook sobre a contaminación

Dende a área de ciencias sociais, no curso de 6º de educación primaria, estamos a traballar o tema "O home e a terra" dun xeito diferente.

Creemos que tanto o tema da contaminación coma o cambio climático e as solucións que nós podemos aportar é algo que necesitamos interiorizar para podelo pór en práctica no noso día a día.

Por iso, achegámonos á biblioteca para completar a información recollida na aula e elaboramos un Lap Book que nos será de  gran axuda para logralo.

Quedounos xenial!

Visita á Comisaria de Policía

O mércores, 12 de abril de 2023, o alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, visitou a instalación do CNP (Corpo Nacional da Policía) sita no barrio de As Lagoas.

A visita encádrase dentro do programa Plan Director e grazas a ela puidemos percorrer diferentes dependencias da Comisaría como: o control de entrada no que nos ensinaron as diferentes cámaras de vídeo vixilancia; a oficina de denuncias, na que nos indicaron cales son as dúas funcións e como redactan as denuncias; o museo no que puidemos observar diferentes elementos da historia do CNP como traxes, instalacións, instrumentos usados para a identificación de pegadas,,,; heliporto no que puidemos observar a altura do edificio e lugar onde aterran os helicópteros; zona de tiro no que nos amosaron os instrumentos de traballo e como fan as prácticas de tiro e por último o estacionamento de vehículos no que nos amosaron as motocicletas e un vehículo policial.

A visita foi espectacular... xa estamos desexando poder repetila o curso que ven xa que nos quedaron moitas preguntas sen facer,

 

Fai clic ao teu bocata

O 13 de abril de 2023 realizamos no centro o obradoiro “Fai clic ao teu bocata” no que nos ensinaron as vantaxes e a importancia dunha dieta equilibrada.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira delas para o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria e a segunda das quendas para o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria. Nestes dous obradoiros destacouse a importancia das conservas completando a formación con vídeos educativos e xogos didácticos.

Ao remate da sesión, todo o alumnado elaborou ao seu gusto o bocadillo saudable.

Estamos agardando poder repetir este obradoiro.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EP

Galería de Ed. Prmaria

Visita da Policía Nacional

O 30 de abril visitounos unha patrulla da Policia Nacional de Ourense co obxectivo de pór en valor o traballo que están a realizar na nosa cidade.

Todo o alumnado do centro participou nesta activiade e puido observar in situ e, incluso, manipular os diferentes materiais e aparellos que a Policia Nacional emprega no seu traballo diario.

Foi unha experiencia moi positiva xa que se logrou mudar o pensamento xeralizado da maioría do alumnado que pensaba que o único traballo deste corpo de seguridade era perseguir ás persoas delincuentes.

Día da poesía. Poetry day!

Este ano, para celebrar o Día da Poesía, realizamos un roteiro poético, por diversos recantos do noso cole relacionados, no que a temática central xirou entorno á natureza.

Nas seguintes ligazóns achegamos os vídeos cos diversos poemas recitados en galego, castelán e inglés: (iremos engadindo os vídeos en breves)


GALEGO


Para finalizar esta celebración, todo o centro recitou o poema Á nosa sobreira, da que é autor o profe Toño, a carón desta árbore senlleira que tan ben nos identifica e representa.


CASTELÁN



INGLÉS



GALERÍA DAS ACTIVIDADES DO MARTES



GALERÍA DAS ACTIVIDADES DO MÉRCORES



EXPOSICIÓN DE LIBROS NA BIBLIOTECA



 

Elaborando un kamishibai

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a traballar no fomento da lectura do se alumnado e neste caso quere amosar a forma de contar contos en Xapón a través dos Kamishibais. A actividade consiste na elaboración do kamishibai que lle correspondeu ao alumnado de 6º de Educación Primaria e os contos e historias a cada unha das aulas do resto do alumnado.

Que é o Kamishibai? 

Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico.

Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.

Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentres os espectadores contemplan os debuxos. A lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte, teatrillo de tres portas que se chama «butai», de fronte ao auditorio, e deslizando as láminas unha tras outra mentres se le o texto.

Como elaboramos Kamishibai?

O alumnado de 6º de Educación Primaria construíu o Kamishibai do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Unha vez reunidos decidiron como distribuír o traballo e os materias que precisan anotando a distribución do traballo no folio que asinou todo o alumnado.

Que precisamos?

  • Cartón.
  • Tesoiras e cúter.
  • Pistola de silicona.
  • Lapis de cores, gomas e rotuladores.
  • Regras e metros. 
  • Pintura negra, azul escura, azul clara e branca.
  • Pinceis e rolos.

Como o facemos?  
Os pasos son os seguintes:

  • Eliximos o cartón con forma de libro (cartón dun taboleiro) e medimos a estrutura do mesmo, neste caso 64 centímetros da parte central e 32 de cada unha da portas do Kamishibai.
  • Na parte central buscamos a metade e facemos un rectángulo coas medidas dun A3 (30 por 42 centímetros).
  • Reducimos as medidas do A3 en 0.5 centímetros (29,5 e 41,5 centímetros) cada un dos lados do rectángulo e cortamos.
  • Cortamos 2 tiras de cartón coas seguintes medidas (42 por 4 centímetros) e 4 tiras de 30 por 4 centímetros de ancho. Ditas tiras serán colocadas na parte exterior do Kamishibai para o cal precisamos a pistola de silicona quente. As tiras colocámolas na parte de abaixo e nos laterais o que nos permitira que as láminas de a se suxeiten cando as introduzamos pola parte superior.
  • Medimos o ancho e lago do oco incluíndo as láminas pegadas tendo un rectángulo de 46 por 34 centímetros que debemos pintar. A súa colocación será ao final despois de que este pintado o Kamishibai permitindo que as láminas non se caian.
  • Deseñamos o debuxo do Kamishibai. Repasamos con rotulador e pintamos con rolos e pinceis.
  • Na parte exterior de cada unha das portas colocamos dous tapóns (un en cada unha das portas o máis próximos posible) e unímolos cunha goma o que servirá de peche do noso Kamishibai.
  • Colocamos a asa superior para poder transportalo. O facemos cun cartón que pegaremos con silicona quente.
  • Pegamos a tapa de cartón previamente coloreada pola parte traseira.

E listo xa temos preparado o noso Kamishibai para poder contar contos...

Distribuir contido


by Dr. Radut