Skip to Content

4º Curso

Xogando ao Pictionary coas emocións

Seguimos traballando as emocións xogando ao "Pictionary das emocións"

Pescando Horas

En 4° de Educación Primaria levamos uns días traballando coas horas e agora que xa as coñecemos en profundidade estivémolas "pescando" na aula.

Para elo, cada un de nós utilizou unha rede e foi pescando un dos diferentes tipos de animais acuáticos colocados na pizarra. Na parte posterior deles ocultábase unha hora que tivemos que representar logo no noso amigo reloxo Din-Don.

Con esta actividade aprendemos a diferenciar e representar as horas dunha maneira diferente.

Xela Arias

Pescudando sobre Xela Arias

O alumnado de 4º de Ed. Primaria pescudou ao longo do mes de maio sobre a vida e obra de Xela Arias.

Traballaron a súa poesía e realizaron un obradoiro poético centráronse na faceta feminista da autora. Crearon, memorizaron e recitaron un poema reivindicativo da igualdade entre homes e mulleres. 

Letras Galegas 2021

Nas seguintes ligazóns tendes o acceso a algunhas das actividades realizadas na celebración das Letras Galegas 2021 dedicada a Xela Arias.:

Semana escolar dos Camiños de Santiago

Na "Semana escolar dos Camiños de Santiago" o alumnado de  4° de EP púxose na pel dos peregrinos e percorreu os diferentes camiños que chegan ata a Santiago de Compostela.

Cada un de nós seleccionou unha ruta e buscou información sobre as etapas, albergues, datos de interese das cidades, vilas e pobos polos que pasan os distintos camiños, fotografías... e recompilamos a información en cartolinas que colocamos na aula logo de expoñer cada un dos proxectos.

Finalmente, logo de percorrer de forma satisfactoria cada etapa, fíxose entrega das credenciais a cada peregrino de 4°.

Esta actividade serviunos para coñecer datos que non sabiamos sobre o camiño e sobre moitas das cidades polas que se leva a cabo cada unha das diferentes rutas.

Pola súa parte, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria, ademáis da lectura e traballo sobre o camiño de Santiago, realizou debuxos do libro "Sucedeu no camiño Primitivo"

CREAcción no Día do libro 2021

Ao longo da semana do 23 de abril celebramos no centro o Día do libro coa CREAcción de diversas actividades que pasamos a enumerar:

  • Concurso de “Emociónate co meu libro” no que o alumnado participou coa axuda das súas familias, CREAando a portada dun dos seus libros favoritos. O nivel acadado nas súas CREAccións foi espectacular e pódese observar na seguinte ligazón: "Emociónate co meu libro".
  • CREAcción dun conto colaborativo entre todos os membros da comunidade educativa. O alumnado de Ed. Infantil comezou a historia do conto e o resto dos cursos foino ampliando. En breves estará accesible desde esta entrada.
  • Visionado da presentación sobre a historia do Día do libro realizada polo equipo de bilioteca.
  • CREAacción de minilibros por parte do alumnado co agasallo dunha rosa para entregar ás súas familias.
  • O alumnado de Ed. Infantil CREou as portadas de dous dos seus libros favoritos: a “Historia de Malala” e “As historias de Blef"

 

Día do bico

O 13 de abril celébrase o Día Internacional do Bico e os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria traballamos sobre esta celebración.

Para elo, partindo do conto ¿De qué color es un beso? cada un foi dicindo a cor da que cre que son os bicos: vermellos, verdes, de moitas cores, depende da persoa a que llo deamos... foron algunhas das ideas que saíron.

A continuación lemos o conto nomeado anteriormente e despois da lectura fixemos un debate sobre como podemos dar bicos na actualidade debido á situación de COVID-19. Podemos bicarnos dicindo "quérote", lanzando bicos coa man ou virtuais, facendo xestos coas mans...

Para finalizar a actividade, cada un coloreou o seu bico coa cor ou cores coa que o identifica e engadiu a súa forma de bicar na actualidade.

Supersaudables

O 2021 é o Ano Internacional das Froitas e das Verduras e, aproveitando o tema da saúde na materia de Ciencias Naturais, o alumnado de 4º de Educación Primaria indagou sobre estes alimentos así como sobre os hábitos saudables da man das persoas amigas nosas chamadas Supersaudables.

Durante dúas sesións acudimos á biblioteca do cole para buscar información sobre a froita ou hortaliza coa que traballou cada alumno. Posteriormente, agrupamos esa información con fotos e debuxos e elaboramos un menú equilibrado.

Por último, expuxemos o traballo realizado ao resto da clase, e establecendo un debate sobre o tema.

Practicando bádminton

Ao longo do segundo trimestre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria estivo practicando bádminton nas clases de Educación Física.

Na última semana fíxose entrega de diplomas a todas as persoas participantes por ter superado con creces os abxectivos propostos:

  • Alumnado de 4º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 5º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut